Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

A linguaxe de Twitter

by | Feb 5, 2016 | Blog comunicación | 0 comments

Se es novo en Twitter, o máis probable é que te sintas perdido, xa que este microblogging foi capaz de xerar a súa propia linguaxe. Palabras como Hashtag ou Trending Topic só cobran sentido dentro desta rede social e un principiante pode sentirse un tanto abafado se non as coñece.

A continuación, deixámosvos un pequeno glosario coas siglas e palabras necesarias para acabar sendo un experto na xerga de Twitter.

@ (Username): Nome de cada usuario. Por exemplo, @vincusys.

# (HashTag): As etiquetas de Twitter empréganse para etiquetar os chíos e clasificalos por temas, para facilitar a súa busca e/ou organizar debates con multitude de usuarios.

#FF (FollowFriday): Etiqueta que se emprega os venres para recomendar a outros usuarios.

DM (Direct Messages): Mensaxes de 140 caracteres que se envían de forma directa e privada, que poden enviarse entre usuarios.

MT (Modified Tweet): Chío modificado, no que compartes o chío doutro usuario con pequenos cambios no mesmo.

RT (Retweet): Rechío. Acción de compartir un chío dun usuario cos teus seguidores.

Bloquear: Evitar que te siga ou mencione un usuario que pode resultar molesto. Podes «desbloquear» a calquera usuario bloqueado visitando o seu perfil e pulsando «Desbloquear».

Conta protexida: Limitar a visibilidade dos teus chíos a aqueles usuarios que aprobes.

Favoritos: Son os chíos preferidos polos usuarios que cada usuario considera mellores e de especial interese. Podes marcar os teus “favoritos” pulsando sobre a estrela que aparece no chío.

Followear: Acción de seguir a outro usuario.

Followers ou seguidores: Usuario que te sigue en Twitter.

Following ou seguidores: Usuarios que segues en Twitter.

Mencións: Son cada un dos chíos nos que se inclúe o teu nome de usuario.

Perfil: Parte de cada conta que é pública e visible para o resto dos usuarios e para calquera navegante.

Reply: Chío enviado como resposta a outro.

Sidebar: Barra vertical que aparece á dereita da pantalla e que permite navegar polo perfil propio na web.

Timeline: Páxina principal onde se mostran os chíos propios e os dos usuarios que segues.

Trending Topics: Temas máis populares de Twitter nun momento determinado. O ámbito xeográfico pode variar (locais, nacionais, mundiais).

Chío: Mensaxes dun máximo de 140 caracteres.

Tuiteiros: Usuarios de Twitter.

Chiar: Acción de escribir chíos.

Unfollowear: Acción de deixar de seguir a un usuario.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles