Noticias

Blog comunicación
Bluesky gaña millóns de usuarios tras a fuga masiva de X

Bluesky gaña millóns de usuarios tras a fuga masiva de X

, antigo Twitter, está nunha fase de decadencia. Dende que Elon Musk comprou a rede social, non parou de meterse en polémica tras polémica. Todo isto causou un éxodo masivo de usuarios a súa competencia, Bluesky, que disparou o seu número de contas en tan só unhas semanas.

Como xestionar os teus enderezos electrónicos despois das túas vacacións

Como xestionar os teus enderezos electrónicos despois das túas vacacións

A volta das vacacións é un momento temido por moitos. Tras un merecido descanso, volver á rutina pode custar e máis se che tes que enfrontar a unha lista interminable de mensaxes pendentes de resposta. Por iso, neste artigo exploraremos estratexias que podes seguir para xestionar os teus enderezos electrónicos despois das túas vacacións.

Por que a comunicación interna é clave na túa empresa?

Por que a comunicación interna é clave na túa empresa?

Ao falar de comunicación nun negocio, o primeiro que se nos ven á cabeza é a externa, aquela coa que permite entaboar conversa con clientes, inversores, socios… Pero é habitual que a comunicación que se produce dentro da compañía estea descoidada e isto soe derivar en problemas e perda de volume de negocio. Neste artigo, falaremos de por que a comunicación interna é clave na túa empresa e non debes descoidala.

O poder do storytelling na comunicación da túa empresa

O poder do storytelling na comunicación da túa empresa

No vertixinoso mundo da comunicación empresarial, onde captar a atención da xente é imprescindible, a capacidade de contar historias que enganchen converteuse nun elemento clave para destacar. Neste post, imos explorar o poder so storytelling e como pode transformar a percepción dunha marca.

Que é Bluesky, a nova rede do creador de Twitter

Que é Bluesky, a nova rede do creador de Twitter

Twitter ou X pasou durante o último ano por moitos cambios e polémicas. Esta situación deu lugar ao nacemento de alternativas que intentan ocupar o seu posto e, de feito, unha delas chegou da man do creador da rede do paxaro azul. Neste artigo, explicámosche que é Bluesky e como funciona.

Threads de Instagram: a nova alternativa a Twitter

Threads de Instagram: a nova alternativa a Twitter

No mundo das redes sociais, a competencia por captar a atención da xente é feroz. Twitter, dende a entrada de Elon Musk, está a pasar por un momento complicado. E, aproveitando a situación, Instagram lanzou a súa propia alternativa á app: Threads, que xa superou os 100 millóns de usuarios e promete seguir medrando. Por iso, ímosche contar que é exactamente esta nova rede.

Twitter Blue para empresas: cambios e polémicas

Twitter Blue para empresas: cambios e polémicas

Dende que Elon Musk comprou Twitter, a coñecida rede social experimentou moitas transformacións, tanto para usuarios, como para marcas e anunciantes. O máis significativo é o da creación dun novo servizo de subscrición que a transformou completamente. Por iso, neste post ímosche contar que cambios trae Twitter Blue e as polémicas que o rodean.

Aprende a usar TikTok con TikTok Academy

Aprende a usar TikTok con TikTok Academy

Ter presenza en redes sociais é unha obrigación para as empresas de hoxe en día e deben saber como utilizar as máis populares, para sacar o maior proveito. Con esta idea en mente, apareceu TikTok Academy, unha plataforma para aprender a usar TikTok pensada para marcas. 

O desastre de Netflix: como xestionar unha crise de reputación

O desastre de Netflix: como xestionar unha crise de reputación

Netflix atópase agora mesmo nunha posición moi enrevesada que nos ensina perfectamente por que é importante saber como xestionar unha crise de reputación. E é que a plataforma de streaming, tras anunciar que deixará de permitir compartir contas, está a ser o foco de centos de comentarios en contra desta decisión e corre o perigo de perder moitos clientes.

Twitch para empresas: como empregar esta rede social

Twitch para empresas: como empregar esta rede social

Twitch é unha das redes sociais do momento, unha das que máis medra dende o seu bum en España a principios de 2020. Coñecemos esta plataforma en streaming especialmente polo seu contido de videoxogos, claramente maioritario no portal. De todos modos, emprégrase cada vez máis para todo tipo de temáticas.

A importancia da empatía na venda

A importancia da empatía na venda

A propósito dunha experiencia do pasado como comercial, xurdiu hai uns días unha conversa na oficina sobre o papel tan decisivo que xoga a empatía na venda. Imos facer unhas reflexións ó respecto.

Por que a túa empresa precisa apostar por Google My Business?

Por que a túa empresa precisa apostar por Google My Business?

Hoxe en día se tes un negocio é de vital importancia contar cunha presenza coidada en Internet, tanto a nivel web como de redes ou de Google My Business, independientemente de se tes unha compañía de gran tamaño, unha pyme, un comercio pequeno, etc. E digo “coidada” porque se eres visible en Internet existe a posibilidade de obter malas recensións ou comentarios e que a túa imaxe se vexa comprometida. Por este motivo é importante estar na web e coidar a túa imaxe, do mesmo xeito que mantés en bo estado a túa tenda física ou o teu escaparate.

Celebramos o Día das Redes Sociais

Celebramos o Día das Redes Sociais

O 30 de xuño celébrase o Día das Redes Sociais. Este día comezou a festexarse no ano 2010 da man de Peter Cashmore, quen creou unha iniciativa no portal de noticias e tecnoloxía Mashable, do cal é fundador. O obxectivo desta data é recoñecer o labor destes medios de comunicación, que permiten a millóns de persoas estar informadas e conectadas tanto cos seus coma co resto do mundo.

6 técnicas persuasivas para fidelizar ao cliente

6 técnicas persuasivas para fidelizar ao cliente

Un bo negocio debería traer beneficios para ambas partes. A arte da persuasión convence a un potencial socio comercial ou comprador do valor real do trato que está ofrecendo. Ás veces, as persoas teñen dificultades para aceptar incluso tratos atractivos e beneficiosos. Cando tratas de impulsar as conversións ou vender o teu negocio en xeral, podes ter en conta as seguintes tácticas persuasivas de Neuromárketing. Axudaranche a fidelizar ao cliente.

Por que a túa empresa ten que ser diferente?

Por que a túa empresa ten que ser diferente?

A raíz da nosa entrada no sector inmobiliario, un sector que está vivindo un momento complicado os últimos anos, reafirmámonos no que sempre comentamos aos nosos clientes: “a túa empresa ten que ser diferente”.