A Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia convocou novas subvencións para a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal.
Estas axudas teñen por obxectivo apoiar a actividade de comerciantes retallistas e talleres artesáns mediante a introdución de novas tecnoloxías dirixidas a transformar os seus negocios de forma progresiva e coherente coas necesidades do sector. Para logralo contan cun orzamento de 4.000.000 €.
As subvencións establecen tres liñas de actuación:
- Liña de dixitalización comercial: inclúe dous programas para establecer e-commerce.
- Liña de innovación comercial: con programas para o smart retail e o visual merchandising.
- Liña de modernización comercial: con programas dirixidos para reformas e melloras do equipamento e da eficiencia.
Poden optar a estas axudas:
- Comerciantes retallistas que desenvolvan a súa actividade en Galicia, que o seu domicilio radique dentro da Comunidade Autónoma, que teñan a condición de pyme e que desenvolvan a súa actividade nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venta igual ou inferior a 300 metros cadrados.
- Talleres artesáns que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso contrario, poden rexistrarse antes de solicitar as subvencións.
Se queres solicitar as axudas para a liña de dixitalización comercial (e-commerce), podemos axudarche. Chámanos ao 881 830 362 ou escríbenos a info@vincusys.com.
O prazo de solicitudes abriu o pasado 3 de febreiro a través da sede electrónica da Xunta de Galicia e continuará aberto ata o 4 de marzo.
0 Comments