A Xunta de Galicia presentou novas axudas para autónomos e PEMES para o impulso de plans estratéxicos de negocio, de márketing, de comunicación e de transformación dixital, así como a compra de páxinas web, entre outras liñas de actuación. O prazo para pedilas abre o venres 14 de xaneiro e pecha o 14 de febreiro.
Liñas de actuación
Esta subvención está dividida en dous apartados principais nos que aplicar a contía. A primeira liña inclúe os diferentes plans: o estratéxico de negocio, de márketing, de comunicación do negocio e de transformación dixital. A segunda refírese a unha inversión en diferentes bens, entre os que inclúe aplicacións informáticas, páxinas webs, APPs e redes sociais.
Cabe destacar que unha non exclúe á outra, pois podes conseguir axudas por inversións en servizos de ambas as liñas. É dicir, que pidas a subvención para os plans de márketing e de transformación dixital, non implica que non poidas pedila tamén para a realización dunha páxina web.
O importe máximo que podes recibir por ambas é de 3.000 euros e cubrirán o 80 % dos gastos da actividade.
Que podemos facer con estas inversións?
Dende a nosa axencia de márketing en Galicia podemos axudarche con todas as liñas de actuación citadas. Se queres potenciar o teu negocio no ámbito dixital, é hora de abrir unha páxina web á túa medida. Adaptamos o teu sitio web ao deseño da túa marca, facémolo responsive para que sexa cómodo para os teus clientes e cunha velocidade de carga rápida. Para que te fagas unha idea, esta é unha das últimas páxinas que realizamos:
A nova páxina web da SEPEAP integra unha plataforma de formación con Moodle
Se o que buscas é incrementar as vendas, tamén podemos axudarche. Deseñamos un plan de márketing acorde coa situación do teu sector, apostando polas canles on e off line.
Tamén realizamos plans de comunicación enfocados aos teus obxectivos a curto, medio e longo prazo. Executamos a túa imaxe corporativa acorde á túa empresa e aos valores que queiras transmitir e manexamos a túa comunicación coa prensa. Ademais, se necesitas poñer a punto as túas redes sociais, contamos con community managers que prepararán a túa comunicación para dar a coñecer o teu negocio nas plataformas dixitais adecuadas.
A nosa axencia traballa cunha xestoría que pode axudarche con todo o papelame para pedir a axuda e en todo o que precises!
Cales son os requisitos da axuda?
Esta subvención realízase a través do Bono Autónomo para mellorar a competitividade empresarial ou profesional de autónomos cunha antigüidade superior aos 42 meses. Esta actividade debe ser ininterrompida e co domicilio fiscal en Galicia.
As persoas solicitantes deben ter unha rendibilidade neta reducida das actividades económicas declaradas no IRPF inferior a 30.000 euros anuais e unha facturación mínima de 12.000 euros anuais na declaración referida ao ano 2020.
Tamén poden recibir a axuda sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia. Neste caso deben contar (a data de solicitude) cunha persoa autónoma societaria cos requisitos de antigüidade xa citados.
Neste suposto, a empresa debe ter unha base impoñible no imposto de sociedades tamén inferior a 30.000 euros na declaración referida ao ano 2020.
Contacta agora coa nosa axencia de márketing na Coruña, axudarémoste a xestionar a subvención para sacarlle o maior proveito posible ao importe que che concedan.
0 Comments