Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

A nova páxina web da SEPEAP integra unha plataforma de formación con Moodle

by | Dec 7, 2021 | Blog VINCUSYS, Deseño, Deseño web, Web | 0 comments

A SEPEAP, é dicir, a Sociedad Española de Pediatría Extrahospitalaria y Atención Primaria (en castelán), decidiu renovar a súa páxina web da man de VINCUSYS para dispoñer dunha ferramenta máis potente e moderna que lle permita ofrecer os seus contidos e formacións ao sector pediátrico. A súa web inclúe, ademais, unha plataforma de formación con Moodle, para ofrecer información de calidade a médicos e futuros especialistas.

Traballamos conxuntamente cos coordinadores deste tema dentro da Sociedade para seleccionar todos os contidos que estarán presentes no novo portal e actualizar materiais antigos. O resultado é un sitio web acorde coa súa imaxe corporativa, de navegación rápida e intuitiva.

Ademais do deseño da súa nova páxina web, construímos unha plataforma Moodle para ofrecer a posibilidade de formarse on line. O total deste proxecto dá servizo a 3.500 médicos especializados en Pediatría de toda España.

Fase 1: deseño e desenvolvemento web

Nunha primeira fase do proxecto centrámonos en deseñar e desenvolver toda a páxina. A organización foi un elemento clave pola gran cantidade de información que contiña a súa antiga web. Grazas a un menú ordenado e intuitivo conseguimos clasificar todos os materiais e que a navegación sexa sinxela.

Nueva web de la SEPEAP

Na franxa superior destacan a zona dedicada aos socios, onde poden consultar material exclusivo, e a zona de pais, con información menos científica e máis destinada a aclarar dúbidas e ofrecer consellos aos proxenitores. Ademais, conta cun apartado onde reúne tódolos recursos para a prensa e outro no cal é posible facerse socio directamente.

Creamos la nueva web de la SEPEAP

No menú inferior, están situadas todas as seccións principais da páxina. ‘La Sociedad’ contén a información relativa á organización interna da SEPEAP: o Saúdo do Presidente, a Xunta Directiva, a historia, etc.

‘La Fundación’ fai referencia á ‘Fundación Prandi de Pediatría Extrahospitalaria’ e nela pódense consultar os seus obxectivos, o Padroado e as diferentes convocatorias de axudas que ofrecen.

A sección ‘Pediatría Integral’ foi todo un reto, xa que significou xuntar a información dos 17 grupos de traballo nun mesmo esquema e deseño: cada grupo contén unha introdución, unha explicación dos seus obxectivos específicos, un ‘quen somos’, unha sección de últimas noticias e un epígrafe de recursos.

‘Congresos’ dispón de toda a información relacionada cos congresos anuais da SEPEAP, incluíndo noticias e materiais audiovisuais.

A área de ‘Recursos’ almacena materiais de utilidade para pediatras como guías, protocolos e enlaces. Mentres que ‘Formación’, ‘Covid-19’ e ‘Actualidad’ ofrecen información de interese para os profesionais pediátricos a través de artigos, noticias e vídeos.

Como expertos en deseño web sempre temos en conta o crecemento do uso dos teléfonos móbiles. Por iso, o portal da SEPEAP ten deseño responsive cunha aparencia optimizada para cada dispositivo.

Fase 2: creación da área de socios

Unha vez feito o sitio web, a fase dúas centrouse en crear a área de socios. Nela, os asociados poden acceder á súa área persoal para visualizar todos os seus datos e o seu tipo de subscrición. Ademais, están dispoñibles para a súa lectura todas as memorias da Sociedade dende o ano 2013.

Esta zona interna da páxina está pensada para ofrecer, a futuro, contidos específicos exclusivos para socios da SEPEAP: vídeos, webinars, formacións, imaxes e un longo etcétera.

Fase 3: integración da plataforma de formación con Moodle

Na terceira etapa, levamos a cabo a integración da web cunha plataforma de formación Moodle. O noso obxectivo era crear un sistema robusto e potente que permitira o acceso de milleiros de persoas para poder formarse a distancia.

Nel, os médicos e os futuros médicos poden realizar os diferentes cursos que se van abrindo pouco a pouco e recibir as súas notas unha vez os rematen. Asemade, dispoñen dunha zona persoal na cal poden ver todas as formacións nas que están matriculados, todas as notas que obtiveron e os seus datos persoais.

Fase 4: xeración de certificados

Na actualidade estamos traballando na última etapa do proxecto, centrada na creación e descarga dos certificados do Moodle. Desta forma, unha vez realizados os cursos, os socios poderán obter as súas certificacións oficiais, acceder a elas sempre que queiran e telas á súa disposición para descargalas.

Se precisas unha plataforma de formación para a túa empresa e queres integrala coa túa páxina web para facela máis accesible para os teus clientes, contáctanos agora para comezar a traballar xuntos.

https://www.vincusys.gal/blog/un-deseno-web-a-medida-para-normasis/

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles