Estou seguro de que todos, obviamente inclúome, consumimos vídeo, dende o móbil ou o noso ordenador. A plataforma tamén pode variar: en redes sociais coma Facebook, Instagram ou Twitter e en plataformas de vídeo como Youtube (na súa maioría). O que está claro é que nos encantan os vídeos e os consuminos cada vez máis, xa sexa para buscar un tutorial sobre como montar un moble ou por puro entretemento.