É bastante habitual querer escribir un bo artigo e atoparte dicíndote a ti mesmo esta frase, especialmente se non estás afeito ao boli e ao papel, por traballo ou afección. E, de súpeto, un motivo imperioso obrígache a escribir un artigo, unha nova, un contido. As ideas non flúen, tés un caos mental e comezas e borras as veces suficientes como para sentirte frustrado. Imos ordenar ese caos.