Unha boa fotografía é especialmente importante para construír a identidade de marca, xa que o contido de marca xera a maior interacción e tráfico web. O trinta e cinco por cento dos usuarios que interactúan nas redes sociais seguen perfís de marca, e esta tendencia continúa a medrar, o que fai necesario adaptarse.
Noticias
O fascinante poder do neuromárketing, a técnica que estuda a mente dos teus clientes
No mundo do márketing, coñecer como funciona a mente do consumidor é moi importante. Cuestións como saber por que unha persoa toma unha decisión ou outra, por que elixe unha marca ou como reacciona a certos anuncios son aspectos que merece a pena investigar para crear campañas xeitosas. De aquí nace o neuromárketing, unha disciplina que estuda a mente dos teus clientes.
Por que debes ter unha estratexia de vídeo márketing?
Estou seguro de que todos, obviamente inclúome, consumimos vídeo, dende o móbil ou o noso ordenador. A plataforma tamén pode variar: en redes sociais coma Facebook, Instagram ou Twitter e en plataformas de vídeo como Youtube (na súa maioría). O que está claro é que nos encantan os vídeos e os consuminos cada vez máis, xa sexa para buscar un tutorial sobre como montar un moble ou por puro entretemento.


