Non podemos estar máis en contra da explotación laboral, sexa a asalariados, autónomos ou traballadores que, por circunstancias persoais, non poden non aceptar un traballo en negro, eses que sofren a explotación máis lamentable e denigrante. Dende que comezou a crise os niveis de abusos deste tipo viñeron medrando ata límetes insospeitados.