A estas alturas xa ninguén dubida da importancia que ten para a túa empresa coidar a túa páxina web. Vivimos nunha sociedade na que estamos permanentemente conectados, xa sexa a través dun ordenador na casa ou o noso fiel smartphone que levamos sempre connosco. Cando queremos buscar información, onde o facemos? Pois na web. Entón as empresas deben estar aí se queren que se lles coñeza e queren conseguir novos clientes.