Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Kit Dixital: que é e como o solicito?

by | Mar 14, 2022 | Blog recursos, VINCUSYS | 0 comments

O programa Kit Dixital consiste nunha serie de axudas financiadas pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU para apoiar a pemes e autónomos no proceso de dixitalización dos seus proxectos.

Este plan ten como obxectivo axudar a pequenos negocios a financiar as súas necesidades tecnolóxicas. Grazas ás solucións dixitais, podes mellorar a comunicación en liña e a eficiencia nos procesos do teu proxecto, entre outras cousas. Por exemplo, podes investir estas axudas na realización dunha páxina web.

Está dirixido a pequenas empresas, microempresas e autónomos de calquera sector que poden optar a un bono dixital. A contía da axuda dependerá do número de traballadores do negocio:

  • Segmento I: Empresas de entre 10 e 49 empregados que optan a un importe máximo de 12.000 euros. O prazo para pedir o bono xa está aberto para este segmento.
  • Segmento II: Pequenas empresas ou microempresas de entre 3 e 9 empregados que poden conseguir ata 6.000 euros.
  • Segmento III: Pequenas empresas ou microempresas de entre 0 e 2 empregados que optan a axudas de ata 2.000 euros.

Os autónomos seguirán os mesmos criterios en función do número de traballadores que teñan contratados, segundo sinala o documento oficial coas bases reguladoras publicado no BOE. Ademais, o texto explica que non poderán optar ás axudas do Kit Dixital as empresas que non estean ao corrente das obrigas tributarias e fronte da Seguridade Social. O mesmo con aquelas que excedan o límite de axudas de minimis.

Se queres solicitar o bono Kit Dixital debes levar a cabo tres pasos. Primeiro tes que rexistrarte na área privada de Acelera pyme, portal a través do cal se levarán a cabo todas as axudas, e facer o test de diagnóstico dixital. Podes consultar toda a información sobre as diferentes solucións que ofrecen e despois solicitar a axuda a través da sede electrónica de Red.es.

No portal atoparás unha lista pechada coas empresas rexistradas como ‘Axentes Dixitalizadores’, entre as que está a nosa axencia de márketing en Galicia, VINCUSYS, que podes escoller para que preste este servizo que debe desenvolverse en 12 meses.

Por outro lado, se prefires facelo de forma presencial, podes ir a algunha das oficinas Acelera pyme e pedir asesoramento durante o proceso. Tamén o podes realizar no teléfono gratuíto 900 909 001.

Que solucións cobre o Kit Digital?

Este programa axudarate a dixitalizar o teu negocio e potenciar a túa presenza en Internet. En VINCUSYS ofrecemos as 10 solucións que cobre o programa Kit Digital: sitio web e presenza en Internet; comercio electrónico; xestión de redes sociais; xestión de clientes; xestión de procesos; business intelligence e analítica; servizos e ferramentas de oficina virtual; factura electrónica; comunicacións seguras e ciberseguridade.

Sitio web e presenza en Internet

Axudas de ata 2.000 euros.

Facemos deseño web profesional a medida para a túa empresa. A túa páxina contará con sistema autoxestionable para cargar contidos, con optimización básica para buscadores SEO e copias de seguridade web para recuperación ante calquera problema.

A nosa solución conta cun rexistro de nome de dominio .com ou .es e aloxamento web durante un ano. Sempre con atención personalizada e unha explicación sobre o uso da plataforma.

Comercio electrónico

Axudas de ata 2.000 euros.

Adaptámonos ao que precises. Podemos engadir unha tenda á túa páxina en WordPress, desenvolvela dende cero ou con xestores de contidos como Prestashop ou Woocommerce.

Integrámolo con métodos de pago e configuramos o cálculo dos pagos de transporte. Facemos o comercio autoxestionable, de forma que poidas actualizar a túa tenda en liña e non perder nada sobre os pedidos, clientes…

Xestión de redes sociais

Axudas de ata 2.500 euros.

En VINCUSYS definimos unha estratexia de redes sociais para a túa empresa e implementámola. Xestionamos o teu perfil realizando dende oito entradas ou publicacións por mes.

No caso desta subvención esíxese a contratación de campañas anuais.

Xestión de clientes

Axudas de ata 4.000 euros.

Estudamos o caso da túa empresa para propor unha solución de xestión de clientes a medida baseada no software libre Suite CRM. Ofrece características como a xestión de contas, ofertas e presupostos ou control de tarefas e proxectos.

Xestión de procesos

Axudas de ata 6.000 euros.

Traballamos co sistema software libre Odoo, atendendo sempre ao caso concreto de cada negocio. Incorpora axudas para cubrir as túas necesidades en contabilidade, facturación, xestión de inventario…

Business intelligence e analítica

Axudas de ata 4.000 euros.

Desenvolvemos, configuramos e parametrizamos o sistema de análise de datos que te axude a mellorar a túa empresa. Con isto podes coñecer con números a situación do teu negocio en Internet e actuar en consecuencia.

Con este servizo cubrimos: integración de datos con outras bases de datos, almacenamento de datos, creación de paneis de datos estruturados e visuais e exportación de datos.

Servizos e ferramentas de oficina virtual

Axudas de ata 12.000 euros.

Ofrecemos servizos para implementar o traballo dixital na túa empresa. Empregamos provedores de solucións cloud como Microsoft 365 ou implementamos nós unha solución baseada en software libre.

Poñemos en marcha ferramentas para a interacción dos equipos do negocio, que permitan organizar un calendario e tarefas previstas.

Factura electrónica

Axudas de ata 1.000 euros.

Executamos un sistema de facturación informatizado a medida para o teu proxecto. Terás facturas en formato estruturado, un tratamento automatizado e facturas ilimitadas.

Comunicacións seguras

Axudas de ata 6.000 euros.

Cubrimos conexións SSL (creación dunha conexión segura e cifrada), cifrado de extremo a extremo e redes VPN, rexistro completo con logs de conexión e control de acceso especialmente activos e críticos. Os sistemas son compatibles co uso desde móbiles.

Ciberseguridade

Axudas de ata 6.000 euros.

Facemos a configuración inicial da solución de ciberseguridade que precises e ofrecemos as actualizacións que sexan necesarias. Con solucións antimalware, antispyware y antiphishing, servizo de correo seguro antispam e navegación segura, entre outras cousas.

Se estás interesado nalgún destes servizos e cumpres cos requisitos para optar ao Kit Dixital, contacta connosco! Axudámoste co que precises.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles