Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

A facturación electrónica será obrigatoria en España

by | Set 6, 2024 | Blog tecnoloxía, Márketing, Tecnoloxía | 0 comments

As facturas tradicionais están a punto de cambiar por completo. O Goberno de España fará que a facturación electrónica sexa obrigatoria para as empresas e os profesionais que operen no país. Esta medida está enmarcada dentro da Lei 18/2022 de Creación e Crecemento de Empresas e emitirá sancións aos que a incumpran.

Deste xeito, xa non se poderán utilizar programas como Microsoft Excel ou Microsoft Word para crear recibos, xa que quedarán obsoletos. Tamén podería ser o fin das facturas en papel se o Estado decide apostar por un sistema completamente dixitalizado.

O obxectivo da lei é avanzar na transformación dixital das empresas e modernizar o proceso de facturación. Só permitirá o uso de software certificado para emitir facturas electrónicas. Aqueles que non queiran optar por unha plataforma privada, poderán utilizar unha solución pública que será xestionada pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

Ademais, todas as facturas emitidas deberán ser enviadas directamente á AEAT para levar un rexistro e control detallado. A medida busca axilizar as transaccións, reducir a morosidade e facilitar o control dos pagos. Porén, a transición a este novo sistema requirirá que moitos negocios adapten os seus sistemas internos.

Fases de imprementación

A Lei de Creación e Crecemento de Empresas entrou en vigor o 19 de outubro de 2022, pero algúns dos seus aspectos aínda non foron imprementados. Espérase que a súa aprobación definitiva teña lugar este mes de setembro.

Unha vez isto aconteza, as empresas que facturen máis de 8 millóns de euros serás as primeiras en adoptar o novo sistema e contarán cun prazo dun ano dende a súa aprobación, en setembro de 2025. Para as demais, o prazo será de dous anos, é dicir, a medida afectaralles a partir de setembro de 2026. En canto aos autónomos, terán un período de tres anos para adaptarse, polo que deberán cumprir con esta normativa en 2027.

Sancións

O incumprimento da lei implicará multas que variarán segundo a gravidade da infracción. Por exemplo, non presentar unha factura electrónica correctamente podería implicar unha multa de 150 €. En caso de factura fraudulenta, a sanción podería chegar ao 75 % do importe total da factura.

Así mesmo, aquelas empresas que non implementasen a facturación electrónica dentro do prazo establecido poderán enfrontarse a multas de ata 10.000 €.

Deste xeito, España dá un gran paso na dixitalización do seu tecido empresarial. Podes consultar o texto da lei na seguinte ligazón.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles