Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

A Xunta abre a convocatoria para o Programa do bono das persoas autónomas de 2023

by | Xan 30, 2023 | Blog recursos, Márketing | 0 comments

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia publicou as bases das axudas do Programa do bono das persoas autónomas na Comunidade Autónoma de Galicia en 2023.

Esta axuda ten como obxectivo mellorar a competitividade entre autónomos con domicilio fiscal en Galicia, ofrecendo unha subvención do 80 % da súa actividade empresarial, cun límite total de 3.000 euros.

O programa pretende asistir coas seguintes inversións:

  • Compra de maquinaria.
  • Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.
  • Inversións para a substitución de combustibles fósiles ou materiais. 
  • Compra de utensilios e ferramentas. 
  • Reforma do local do negocio.
  • Equipamento informático.
  • Equipamento de oficina e/ou negocio.
  •  Rótulos.
  •  Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais.
  • Deseño de marca.

Podes consultar o texto da convocatoria, que detalla os requisitos necesarios para acceder a esta axuda, na seguinte ligazón.

O prazo para presentar solicitudes comezou o 25 de xaneiro a través da sede electrónica da Xunta de Galicia e ficará aberto ata o 29 de setembro.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles