Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

A Xunta convoca novas axudas ao emprendemento en Galicia en 2024

by | Feb 14, 2024 | Blog recursos, Márketing | 0 comments

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, convocou novas axudas ao emprendemento na comunidade autónoma este 2024.

Están dirixidas a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas e teñen por obxectivo facilitar as súas iniciativas de emprendemento a través das súas inversións.

A contía das subvencións varía dende os 3.000 € aos 30.900 € en función do rango de inversión. É dicir, canto máis diñeiro invertido, maior será a axuda.

As porcentaxes establecidas dentro das axudas son:

  • Para inversións de entre 5.000 e 10.000 euros, a contía é o 60 % da inversións.
  • Para inversións de entre 10.001 e 30.000 euros, a contía é o 50 % da inversión.
  • Para inversións de entre 30.001 e 50.000 euros, a contía é o 40 % da inversión.
  • Para inversións de entre 50.001 e 100.000 euros, a contía é o 30 % da inversión.

Entre os gastos subvencionables contemplados pola Xunta, atópanse aqueles relacionados coa renovación do equipamento informático, o desenvolvemento de programas informáticos e software a medida ou a creación de páxinas web.

Se estás a pensar en renovar a túa web ou en crear unha nova dende cero, podemos axudarte. Chámanos ao 881 830 362 ou escríbenos a info@vincusys.com.

Poder ler o texto da convocatoria a través desa ligazón e consultar todos os requisitos.

Para solicitar estas axudas debes facelo dende a sede electrónica da Xunta. O prazo comezou o 12 de febreiro e continuará aberto ata o 28 de xuño.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles