A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia publicou as bases das axudas do Programa do bono de persoas autónomas en Galicia en 2024.
O seu obxectivo é axudar a consolidar e mellorar a competitividade de autónomos que superen os tres anos de vida. Para iso, ofrecen unha subvención do 60 % da súa actividade empresarial, cun límite máximo de7.000 €.
O programa pretende asistir nas seguintes inversións:
- Aplicacións informáticas, páxinas webs, apps e redes sociais.
- Deseño de marca.
- Rótulos.
- Compra de maquinaria.
- Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.
- Inversións para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.
- Compra de utensilios e ferramentas.
- Reforma do local do negocio.
- Equipamento informático.
- Equipamento de oficina e/ou negocio.
Podes consultar o texto da convocatoria, que detalla os requisitos necesarios para acceder a esta axuda, na seguinte ligazón.
Se estás a valorar en investir nos dous primeiros puntos (aplicacións informáticas, páxinas web, apps, redes sociais ou deseño de marca), podemos axudarte. Chámanos ao 881 830 362 ou escríbenos a info@vincusys.com.
O prazo de presentación de solicitudes comezou o 29 de xaneiro a través da sede electrónica da Xunta de Galicia e estará aberto ata o 30 de setembro.
0 Comments