O mundo do deseño gráfico é un campo en constante evolución no que as modas aparecen e desaparecen coa mesma rapidez coa que se actualizan as redes sociais. Por iso, é importante que coñezas que prácticas están marcando a paisaxe visual actual para que podas estar ao día. Neste artigo, contámosche as principais tendencias de deseño gráfico que dominan no ano 2024.
Antes de nada, debes saber que non tes por que axustarte a estas correntes por completo. Son unha guía do que é popular no mercado actual para que as uses en consecuencia, non para que as sigas a cegas.
Minimalismo xeométrico
O minimalismo continúa sendo unha corrente relevante no deseño gráfico e este ano destaca polo seu uso de formas xeométricas. Con elas, podes crear composicións sinxelas que destacan a simple vista.
Hai variacións, pero en xeral segue o mesmo esquema: pezas simples conformadas por este tipo de figuras.
Píxel e estilo retro
A nostalxia do pasado cobrou protagonismo na nosa sociedade. Durante estes anos, son moitas as películas e series que utilizaron a estética das décadas dos anos 80 e 90 para atraer a atención das persoas que botan de menos os tempos pasados.
Por iso, non é de estrañar que esta morriña invadise o deseño a través de gráficos inspirados nos videoxogos de 8 bits e no pixel art, a creación de formas mediante píxeles. Todo para dar ao público unha sensación de confort e diversión que lembre á súa infancia.
Formas líquidas
A animación líquida é un método de animación que usa formas orgánicas e fluídas para crear movementos suaves e naturais. Esta tendencia gañou popularidade, especialmente no ámbito dixital, onde se emprega para producir unha sensación de dinamismo e fluidez que da lugar a unha experiencia visualmente atractiva e innovadora.
O retorno da colaxe
A colaxe foi durante moito tempo unha técnica popular no mundo da arte. Consiste na combinación de distintos elementos, como texturas, tipografías ou fotografías, para crear composicións únicas e rechamantes. E este 2024 está en medio dun rexurdimento dentro do deseño gráfico. Esta tendencia engade unha dose de eclecticismo e textura ás túas creacións e fainas destacar.
Non só iso, xa que uniu forzas coa animación para dar lugar a colaxes en movemento que contan historias e atraer máis a atención en redes sociais.
Degradados
Os degradados de cor marcaron o ano 2023, tanto que en 2024 son tendencia. Podes usalos como fondos, como elementos de apoio, en tipografías… A túa imaxinación é o límite.
Ilustracións 3D
As ilustracións en 3D están a gañar popularidade grazas aos avances en software e hardware que fan que a creacións de gráficos tridimensionais sexa máis accesible que nunca.
Os personaxes, paisaxes, obxectos e ilustracións en 3D engaden profundidade e realismo aos deseños, dando lugar a unha experiencia visual inmersa e cativadora.
Sustentabilidade e deseño ecolóxico
Nun mundo cada vez máis consciente do medio ambiente, o deseño gráfico estase a adaptar a prácticas máis sostibles e ecolóxicas. Moitas empresas redeseñaron as súas marcas ou cambiaron o packaging por outro que utilice materiais reciclados.
Este ano, a tendencia continúa coa aposta por un enfoque máis responsable e ético, onde a creatividade combínase coa conciencia ambiental con aplicacións sostibles e mensaxes que inspiran a tomar accións a favor do medio ambiente.
2024 está marcado por unha lista de tendencias emocionantes que, seguro, darán lugar a deseños creativos e diferentes. Iso si, se queres facer uso delas, debes asegurarte de que tes a axuda de profesionais do sector que saiban adoptalas e crear pezas que cativen ao teu público.
Por iso, podes contactar connosco e contarnos que tipo de imaxe buscas para a túa marca. Guiarémoste neste proceso e darémosche un resultado acorde aos teus desexos e ás tendencias do mercado.
0 Comments