Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Celebramos o primeiro aniversario de VINCUSYS e presentamos a nosa nova plataforma, VINCUTICKET

by | Abr 5, 2022 | Blog VINCUSYS, Eventos | 0 comments

O un de abril cumprimos un ano! O pasado venres celebramos o noso primeiro aniversario tras o rebranding nun evento con clientes, familiares e amigos e no que tamén presentamos a nosa nova plataforma, VINCUTICKET.

Esta marca representa un sistema de venda de entradas que busca apoiar a salas e locais pequenos e medianos, ademais de todo tipo de artistas e formadores. En VINCUSYS sabemos que a hostalaría e os eventos presenciais foron os grandes golpeados da crise sanitaria, polo que queremos axudarlles.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de VINCUTICKET (@vincuticket)

A través da nosa plataforma, organizadores de todo tipo de celebracións ou formacións poden vender os seus tíckets de forma gratuíta, sen perder ningún beneficio. Nela atoparás entradas de concertos, cursos, eventos infantís, monólogos…

En palabras de Javier Fernández, o director de tecnoloxía de VINCUSYS, “VINCUTICKET é o noso pequeno gran de area para axudar aos sectores cultural e hostaleiro, que son parte do noso ADN como axencia. Se grazas á nosa aplicación poden recortar gastos e volver ao esplendor que lles caracterizou antano, a nosa misión estará cumprida”.

Realizamos o evento no Café Camalea, unha pequena sala que organiza as súas propias celebracións e representa á perfección os locais aos que queremos axudar con VINCUTICKET. Ademais, proxectamos un vídeo con música do pianista local Alejandro Casquero, como agradecemento a tódolos nosos clientes por acompañarnos durante este ano.

O encontro foi presentado por Ángel Vizoso, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, e contou con música en directo da formación Casares & Piñeiro Duet, composto por Daniel Casares e Miguel Piñeiro.

Ao acto acudiron personalidades do sector musical, cultural e formativo galego como Xurxo Salgado, director de Galicia Confidencial, Adrián Pais, profesor de saxofón do Centro Superior de Música de Galicia, ou Teresa Prado, profesora xubilada da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Tamén se achegaron representantes de entidades que xa apostaron por VINCUTICKET, como Jacobo Blanco, tesoureiro de AGALIN, que celebrará proximamente o III Congreso Inmobiliario de Galicia e cuxas entradas xa están á venda a través da plataforma.

Fotos de José María Picón

Entre os invitados asistiron profesionais das compañías dos principais sectores cos que traballamos en VINCUSYS. Entre elas, atopamos empresas galegas destacadas da área da tecnoloxía, como Xercode Media Software, organizacións de inserción laboral como ARROUPA, inmobiliarias como Capitel Ksa, entidades relacionadas co ámbito da saúde como Alfa1 ou Parafarmacia Durán ou despachos como Igleva Avogados de Empresa.

Queremos agradecer a súa asistencia a tódalas persoas que se achegaron ao evento e a tódolos clientes que confiaron en VINCUSYS dende moito antes do rebranding. Por moitos máis!

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles