Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

10 anos como axencia de márketing en Galicia pedíannos un rebranding!

by | Mar 27, 2021 | Blog VINCUSYS, Deseño gráfico, Deseño web, Márketing, Publicidade, Tecnoloxía, VINCUSYS | 0 comments

Este 2021 cumprimos 10 anos como axencia de márketing en Galicia, moi agradecidos ás empresas que confiastes en nós dende Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra, Vigo e o resto da nosa marabillosa comunidade autónoma, mais tamén dende Madrid, Barcelona e o País Vasco, onde contamos tamén co cariño duns cantos.

Cumprimos unha década como axencia, pero antes de selo, os compoñentes do noso equipo xa contaban cunha dilatada andaina por separado, o que contribúe a enriquecernos día a día e a poñer paixón e ilusión en cada proxecto que arrincamos, e van uns cantos!

Estar ao día das últimas tendencias en ámbitos tan dinámicos como o márketing, a comunicación empresarial e, sobre todo, a tecnoloxía, non é tarefa sinxela, pero se convertiches o teu hobby no teu traballo, entrar na oficina cun sorriso convértese en algo habitual.

Está claro que contar cun equipo que encaixa axuda e é de gran utilidade cando a túa filosofía de empresa pasa por sentir que os negocios dos teus clientes son os teus propios negocios, que se eles medran, ti medras. E medran coa satisfacción de estar dando o mellor de ti para que outros consigan o mellor de si mesmos.

Comunicación é todo, todo comunica, dende o teu sorriso ata a túa tarxeta de visita; dende a túa web ata a túa oficina, sede, restaurante, tenda… nós axudámosvos a comunicar o que precisedes.

Queremos seguir axudándovos a medrar e queremos seguir medrando con vós, sendo a vosa axencia de márketing en Galicia, dende Galicia, pero para calquera localización na que vos encontredes, porque se algo permite o márketing dixital é a deslocalización.

Comezamos unha nova etapa coa experiencia de case 20 anos ás nosas costas e a ilusión do primeiro día.

VINCUSYS, a túa axencia de márketing en Galicia

Esta experiencia permitiunos facer contactos, negocios e, sobre todo, partners en localizacións estratéxicas da xeografía española. Por iso podemos ofrecer proximidade na distancia, acompañar aos nosos clientes a cada paso que necesitedes dar e poñer a nosa particular visión do mundo ao servizo dos seus obxectivos.

Nesta nova etapa facémonos máis fortes en tecnoloxía, o que nos permitirá ofrecervos todo o que poidades precisar para o voso negocio dixital: dende deseño e desenvolvemento web con programación a medida, desenvolvemento de software ou sistemas IT ata ferramentas moi útiles en ciberseguridade e consultoría tecnolóxica, para que poidades enfrontarvos aos vosos retos apoiados na solvencia dunha empresa cunha dilatada experiencia no ámbito dixital.

vincusys circuro oscuro 512

Márketing a medida

Seguiremos, iso si, ofrecendo plans e estratexias de márketing dixital a medida, enfocados a branding e a vendas, e informarémosvos sobre todas as nosas novidades, como sempre, a través do blog, pero tamén empregando as redes sociais, así que… xa sabes! Seguídenos en Facebook, Twitter, Instagram e Linkedin!

Desenvolvemento a medida e implantacións de software

En adiante, ofreceremos estes novos servizos, tanto para os nosos clientes actuais como para os que estades a punto de aterrar na nosa oficina 🙂. É a nosa intención ofrecervos un servizo 360º co que a vosa xestión empresarial sexa máis sinxela e dinámica.

Comezamos unha nova etapa e contamos con vós!

A vosa axencia de márketing en Galicia espéravos en Basquiños, 20 de Santiago de Compostela ou, se o preferides, en info@vincusys.com.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles