Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Chega I Love Compostela, a nova marca do Grupo VINCUSYS

by | Xul 12, 2023 | Blog VINCUSYS, Márketing, VINCUSYS | 0 comments

En VINCUSYS estamos en constante movemento, crecendo pouco a pocuo e comezando novos proxectos. O último foi I Love Compostela, un portal sobre actualidade, ocio, gastronomía, cultura e turismo co que queremos facilitar a composteláns e turistas toda a información de Santiago de Compostela.

I Love Compostela é un servizo gratuíto para a sociedade cuxo obxectivo é dar a coñecer nas bondades da cidade, fomentar o movemento dentro dela e favorecer a súa prosperidade. Con esta nova marca, queremos axudar a que os habitantes da capital galega teñan unha plataforma con todas as novidades que ocorran na cidade e datos sobre que actividades poden realizar, pero que tamén asista aos turistas durante a súa estancia en Compostela. En definitiva, é un lugar para todos os públicos que reúne, de forma cómoda, o esencial para gozar de Santiago.

Páxina web de I Love Compostela

A web consta de seis apartados diferentes: Compostela, A Catedral, O Camiño, Gastronomía, Noticias e Tenda.

En Compostela hai información xeral sobre a cidade, como a súa historia ou cultura. Ademais, ten catro subapartados, Parques, Museos, Igrexas e Puntos de Interese, con fichas de diferentes sitios de Santiago que encaixan dentro desas categorías.

Dentro de A Catedral atoparás información sobre a Catedral de Santiago de Compostela, un dos monumentos máis famosos e coñecidos da cidade e de Galicia.

En Gastronomía incluímos un resumo dos pratos típicos galegos que podes probar en Compostela.

Noticias, pola súa parte, agrupa o último en actualidade da cidade, tanto noticias informativas como de ocio e cultura, para que tanto cidadáns como visitantes estean ao tanto das actividades que poden realizar.

Por último, incluímos unha tenda en liña na que podes comprar merchandising, para levarte contigo un pedacito de Santiago.

Traballamos moito durante os últimos meses para traerche unha plataforma o máis completa posible e coa que sacarlle o máximo proveito a túa estancia en Santiago de Compostela, tanto se vives aquí coma se estás de viaxe. Por iso, animámosche a que entres na web de I Love Compsotela e comeces a descubrir todo o que che pode ofrecer.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles