Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

‘Colecciones’, a nova ferramenta de Whatsapp Business que facilitará as compras

by | Nov 10, 2021 | Axencia de comunicación, Blog tecnoloxía, Social media | 0 comments

Whatsapp Business, a versión para empresas da aplicación de mensaxes, sacou o pasado mes de outubro ‘Colecciones’, a nova ferramenta que facilitará as compras dende o servidor.

A pesar de que o portal xa permitía que os negocios vendesen os seus produtos, a función non era demasiado cómoda. Antes, o usuario debía buscar os artigos nunha gran lista sen ningunha guía, pero agora poderán facelo por categorías.

Coa nova función que presenta Whatsapp, agárdase que a experiencia do comprador mellore. Ademais, o lanzamento nestas datas non é ningunha casualidade. Esta novidade chega xusto antes do Nadal coa idea de facilitar as compras do momento.

Que permite ‘Colecciones’?

A nova función de Whatsapp Business permite ós negocios crear listas con produtos, de forma que os poden dividir por categorías e facilitar moito a busca ó comprador.

Por poñer un exemplo, antes as tendas de roupa tiñan todos os produtos sen diferenciar, pero agora poderán dividilos en seccións como: zapatos, chaquetas, pantalóns… Isto fai que o usuario atope o que precisa con facilidade e que, polo tanto, a experiencia sexa máis gratificante.

Ademais, tamén fai que o proceso sexa máis sinxelo para o dono do negocio. Ó poder dividir o produto por seccións, el mesmo poderá situar mellor o seu stock e cambialo como o necesite. Pode ocultar ou subir os artigos de xeito sinxelo segundo estean dispoñibles ou non.

Como explica Whatsapp Business, ‘Colecciones’ é sinxela de empregar. O vendedor pode atopar a función dentro do “administrador de catálogos”, onde aparece a pestana para subir un produto e, agora, para crear unha nova colección. Despois de facela, aparecerá unha pestana para seleccionar os artigos que se queren incluír na listaxe.

Whatsapp Business

Se es dono dun pequeno negocio, lembrámosche que Whatsapp Business pode ser unha boa ferramenta para chegar ós teus clientes, agora dunha forma máis efectiva.

https://www.vincusys.gal/blog/por-que-whatsapp-business-2/

Para comezar, a aplicación é sinxela de empregar, porque é moi similar á de mensaxería persoal e tamén a levas no teléfono que che interese.

Aparte, ten ferramentas que facilitan a comunicación co cliente. Falamos de respostas automatizadas, coas que podes realizar mensaxes de benvida, de ausencia e respostas rápidas que fan que o proceso sexa máis sinxelo para o dono do negocio.

Outra das diferenzas co Whatsapp normal é que mostra as estatísticas do teu perfil con datos sobre o número de mensaxes enviadas, recibidas ou lidas.

Se es dono dun pequeno negocio e queres mellorar a comunicación cos teus clientes, esta aplicación é unha boa opción. Ademais, con ‘Colecciones’, a nova ferramenta de Whatsapp Business, agora podes ampliar as túas vendas.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles