Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Deseñamos a imaxe de marca e a páxina web de Metadata

by | Xan 4, 2024 | Blog VINCUSYS, Márketing | 0 comments

A compañía Metadata confiou na experiencia da nosa axencia de comunicación e publicidade para crear e deseñar o seu manual de identidade e a súa nova páxina web.

Metadata Gestión Documental é unha empresa fundada en 2013 por Marcos Mareque Domato coa intención de aplicar os seus coñecementos tecnolóxicos ao tratamento da información e da documentación.

Durante os seus comezos, empezou a brindar asesoramento aos seus clientes, un elemento diferenzador que levou a que Metadata decidira concentrarse no ámbito da consultaría.

En VINCUSYS encargámonos de desenvolver a nova imaxe corporativa da empresa, reflectindo como a tecnoloxía evoluciona e se actualiza co paso do tempo. Por iso, optamos por seleccionar dúas tipografías modernas e sofisticadas acordes con esta liña.

O seu logotipo está formado polo nome da compañía, dividido polas súas cores institucionais, o gris e o azul. A M e a D de Metadata están dentro dun círculo, simbolizando que se atopa no centro do sector.

Metadata, novo logotipo.

En canto ao seu sitio web, optamos por darlle un aspecto sinxelo e pouco recargado, onde condensar a información facilmente e todo está ben organizado. Conta con cinco seccións: inicio, empresa, servizos, clientes e contacto.

Inicio ofrece un resumo do máis importante. Na sección de empresa, pola súa parte, está a traxectoria de Metadata, dende os seus comezos ata a súa situación actual.

O apartado de servizos, como é natural, inclúe a lista de servizos que brinda. Mentres que en clientes describimos os casos que xestionou no pasado. En datos de contacto están os elementos básicos para poder comunicarse coa compañía.

Metadata, nova páxina web

Se tamén estás interesado en modernizar a túa imaxe corporativa por completo ou crear unha dende cero, podes contactarnos a través desta ligazón.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles