O 30 de xuño celébrase o Día das Redes Sociais. Este día comezou a festexarse no ano 2010 da man de Peter Cashmore, quen creou unha iniciativa no portal de noticias e tecnoloxía Mashable, do cal é fundador. O obxectivo desta data é recoñecer o labor destes medios de comunicación, que permiten a millóns de persoas estar informadas e conectadas tanto cos seus coma co resto do mundo.