A chegada da temporada de nadal nótase no ambiente. Hai un elemento en especial que é esencial nesta época do ano. Neste post, contámosche a importancia da música na publicidade de Nadal e por que non debes subestimar o seu poder.
Noticias
As presentacións de empresa: clave para o éxito na túa comunicación corporativa
No mundo empresarial actual, unha comunicación efectiva é esencial para o éxito de calquera organización. Sexa que estás a tratar de vender un produto ou persuadir aos teus clientes, as presentacións de empresa son unha ferramenta fundamental que non debes subestimar. Neste artigo, contarémosche que son e cales son as súas vantaxes.
Deseñamos a páxina web de iGleva Avogados de Empresa
Presentámosvos un dos nosos últimos traballos, o deseño dun sitio web para iGleva Abogados de Empresa. Falamos dunha compañía con máis de tres décadas de experiencia dentro do ámbito legal que conta con traballadores especializados en numerosas áreas.
A nova páxina web da SEPEAP integra unha plataforma de formación con Moodle
A Sociedad Española de Pediatría Extrahospitalaria y Atención Primaria (SEPEAP) decidiu renovar a súa páxina web da man de VINCUSYS para dispoñer dunha ferramenta máis potente e moderna que lle permita ofrecer os seus contidos e formacións dunha ferramenta máis potente e moderna que lle permita ofrecer os seus contidos e formacións ao sector pediátrico.
Falamos do software de xestión Odoo con Javier Fernández
Javier Fernández Peón é profesor do Ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma no IES San Clemente en Santiago de Compostela. Despois de varios anos traballando no entorno do software de xestión Odoo a través da súa propia empresa, a súa experiencia sobre este tema é moi elevada. Tivemos o pracer de poder charlar con el sobre Odoo e consultoría de software libre e deunos unhas claves básicas para ti.
A importancia das recensións para o teu negocio
As recensións ou reviews de produtos ou servizos son tremendamente importantes hoxe en día, tanto para os e-commerce como para as webs corporativas. Igual que te fías máis de comprar algo que che recomenda persoalmente a túa nai ou a túa irmá, é moi probable que os teus clientes vaian correndo a ler as opinións de outros antes de adquirir un produto ou servizo.
Un deseño web a medida para normaSis
NormaSis é unha consultoría integrada por profesionais altamente cualificados que se encargan de establecer mecanismos internos de prevención para garantir que as empresas cumpren co marco normativo aplicable.
Por que a túa empresa precisa apostar por Google My Business?
Hoxe en día se tes un negocio é de vital importancia contar cunha presenza coidada en Internet, tanto a nivel web como de redes ou de Google My Business, independientemente de se tes unha compañía de gran tamaño, unha pyme, un comercio pequeno, etc. E digo “coidada” porque se eres visible en Internet existe a posibilidade de obter malas recensións ou comentarios e que a túa imaxe se vexa comprometida. Por este motivo é importante estar na web e coidar a túa imaxe, do mesmo xeito que mantés en bo estado a túa tenda física ou o teu escaparate.
Renovamos a páxina web de Xercode
Xercode é unha empresa pioneira no ámbito das solucións integrais para a xestión documental. Aposta polo software libre para ofrecer numerosos servizos diferentes capaces de integrarse entre si e todos dentro da súa plataforma integral xebook.
Como empregar a psicoloxía da cor en márketing
A psicoloxía da cor fai referencia ó estudo das cores e as diferentes sensacións que estas nos fan sentir. Se pensamos en cores cálidas, coma en vermello ou en laranxa, podemos evocar sensacións tan dispares coma calidez ou enfado. Mentres que, se falamos de cores frías, coma o azul ou verde, poderemos sentir tristeza ou calma.
Ciberseguridade e ataques informáticos: protexe a túa empresa
A Asociación de Auditoría e Control de Sistemas de Información (ISACA) define a ciberseguridade como a “protección de activos de información, a través do tratamento de ameazas que pon en risco a información que é procesada, almacenada e transportada polos sistemas de información que se atopan interconectados”.
eQuaby estrea imaxe de marca e tenda on line
Fai uns meses que Athena, empresa compostelana cunha década de traxectoria na xestión da prevención de riscos laborais que ofrece servizos de formación, consultoría e asesoramento a nivel nacional, decidiu apostar por un rebranding completo: novo nome, nova imaxe e novo e-commerce. Presentámosvos todo isto na súa nova páxina web con tenda on line, un dos nosos primeiros proxectos tras a fusión de Vincutato e Comusys.
Celebramos o Día das Redes Sociais
O 30 de xuño celébrase o Día das Redes Sociais. Este día comezou a festexarse no ano 2010 da man de Peter Cashmore, quen creou unha iniciativa no portal de noticias e tecnoloxía Mashable, do cal é fundador. O obxectivo desta data é recoñecer o labor destes medios de comunicación, que permiten a millóns de persoas estar informadas e conectadas tanto cos seus coma co resto do mundo.