Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Celebramos o Día das Redes Sociais

by | Xuñ 17, 2021 | Blog comunicación, Márketing, Social media | 0 comments

O 30 de xuño celébrase o Día das Redes Sociais. Este día comezou a festexarse no ano 2010 da man de Peter Cashmore, quen creou unha iniciativa no portal de noticias e tecnoloxía Mashable, do cal é fundador. O obxectivo desta data é recoñecer o labor destes medios de comunicación, que permiten a millóns de persoas estar informadas e conectadas tanto cos seus como co resto do mundo.

De acordo co estudo Digital 2021, creado pola axencia creativa We Are Social e a plataforma Hootsuite, en España, o número de usuarios activos nas redes sociais vai máis aló dos 37 millóns, cifra que aumentou nun 27 % dende o ano pasado. Para que te fagas unha idea, en España somos algo máis de 47 millóns de persoas, polo que o 80 % da población emprega con frecuencia algunha rede social.

Ademais, o estudo conclúe que o tempo medio que os españois pasamos navegando polas redes sociais ascende a 1 hora e 54 minutos, así coma a media do número de contas por usuario ascende a nada máis e nada menos que 8,1.

publicidad-redes-sociales

WhatsApp encabeza a lista das redes sociais máis empregadas no país cun 89,5% de usuarios, seguida de YouTube (89,3 %) e Facebook (79,2 %). Á cola atópanse Instagram e Twitter, cun 69 % e un 52,6 % respectivamente, mentres que LinkedIn presenta un 36 % de usuarios e TikTok un 27,3 %.

https://www.vincusys.gal/blog/por-que-whatsapp-business-2/

Por que son unha ferramenta tan importante?

Moi sinxelo: porque permiten a comunicación. Hoxe en día comunicar é unha parte tremendamente importante das nosas vidas. Cando capturamos momentos nas imaxes, facemos selfies ou compartimos información nas redes, estamos comunicando.

Para as empresas sucede o mesmo. É moi conveniente ter presenza en algunhas destas redes para poder chegar ata o público obxectivo. Pero ollo, non é preciso estar en todas, senón naquelas nas que se atopa a túa audiencia. Se intentas estar nun número demasiado elevado de redes, é moi probable que remates desbordado. Ó final, quen moito abarca, pouco aperta.

https://www.vincusys.gal/blog/vantaxes-e-desvantaxes-das-redes-sociais/

O seu obxectivo: crear conversa

Non é tan importante o número de seguidores que teña unha persoa ou unha empresa, coma no engagement que xere. O termo engagement fai referencia ó nivel de compromiso que teñen os usuarios, é dicir, se interaccionan ou non co teu contido a través de me gustas, comentarios ou compartidos. É moi sinxelo aumentar o número de seguidores mediante a compra dos mesmos, pero desta forma terás unha cifra que non reflicte a realidade.

É crucial intentar xerar conversa. As redes sociais son unha ferramenta de dobre sentido, todo o que publiques pode ter resposta por parte do teu público e esta pode ser positiva ou negativa. Unha publicación indebida pode dar lugar a comentarios moi negativos tanto da túa audiencia como de outros seguidores. Por isto, tes que ter sempre presente que é sinxelo que se xere unha crise nas túas redes sociais e, cando isto suceda, é recomendable ter un plan de actuación a man para saber resistir.

Porén, na outra cara da moeda atoparás toda a parte positiva. Cando consegues crear unha comunidade de seguidores ós que lles gusta o contido que xeras e que están comprometidos contigo, á vez que confían no que fas, obterás un nivel de engagement moi elevado, xunto cun gran apoio nos proxectos que desenvolvas.

https://www.vincusys.gal/blog/por-que-e-importante-xestionar-ben-as-crises-nas-tuas-redes-sociais/

Redes sociais e márketing

É indubidable que as redes sociais teñen unha gran importancia para o público en xeral, pero especialmente para o márketing e a publicidade. Unha boa parte dos presupostos destínase a realizar accións promovidas nestas ferramentas, posto que, tendo en conta que o 80 % da poboación ten presenza nas redes, é sinxelo impactar con publicidade a unha audiencia determinada.

Hai múltiples posibilidades para o futuro das redes sociais, cada vez máis centradas na visibilidade de pago. Porén, o que si que podemos dar por sentado é que mentres o público obxectivo se atope nas redes sociais, o márketing terá que continuar téndoas conta e a publicidade deberá seguir presente nelas.

Se precisas axuda coa presenza en Internet do teu negocio, non dubides en contactar coa nosa axencia de márketing en Vigo.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles