Este 2021 cumprimos 10 anos como axencia de márketing en Galicia, moi agradecidos ás empresas que confiastes en nós dende Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra, Vigo e o resto da nosa marabillosa comunidade autónoma, mais tamén dende Madrid, Barcelona e o País Vasco, onde contamos tamén co cariño duns cantos.
Noticias
Deseño gráfico
É esencial coidar o packaging dos meus produtos?
Absolutamente. Coidar o packaging é mimar a primeira impresión que o teu produto causará no teu cliente, e ninguén dubida do dito que reza que todo entra polos ollos. O packaging é un vendedor silencioso que pode darche o empurrón que precisas ou truncar os resultados dun bo produto.
Marca persoal: deseñamos a imaxe do Doutor Alberto Ferro
O Doutor Alberto Ferro acaba de abrir unha consulta en Brión (A Coruña) e contactounos para crear a súa imaxe de marca. Quería algo sinxelo, moderno, pero sen estridencias, con cores alegres e que evocase o seu sector.