Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

É esencial coidar o packaging dos meus produtos?

by | Set 15, 2020 | Blog deseño gráfico, Deseño, Deseño gráfico, Vendas | 0 comments

Absolutamente. Coidar o packaging é mimar a primeira impresión que o teu produto causará no teu cliente, e ninguén dubida do dito que reza que todo entra polos ollos. O packaging é un vendedor silencioso que pode darche o empurrón que precisas ou truncar os resultados dun bo produto.

Aínda que o márketing sensorial cada vez está gañando máis terreo —o cheiro a pan acabado de facer dunha panadería, a música relaxada ou de ritmo rápido segundo a hora á que vaias á compra para acelerar as túas decisións, a suavidade dunha manta que será a túa mellor amiga no sofá…—, o envoltorio é a primeira impresión que ten o consumidor cando adquire un produto. E xa sabes que só hai unha oportunidade de causar unha boa primeira impresión.

Por que coidar o packaging?

1. Porque a imaxe da túa marca importa.

2. Porque os estudos demostran que a primeira sensación cando un novo cliente entra en contacto co teu produto é un factor crucial na decisión de compra.

3. Porque a calidade é unha calidade obxectiva e subxectiva ao mesmo tempo. No consumo, especialmente de produtos dun custo inferior a 30 euros, moitas veces non priman tanto motivos racionais como emocionais.

4. Porque un bo envoltorio pode converter un chocolate máis nun obxecto de agasallo.

5. Porque adecualo ás tendencias de moda e mercado pode ser un plus que aumente as túas vendas.

6. Porque a personalización —especialmente en produtos a medida ou con opcións de acabado— poden derivar nun incremento no prezo e aumentar os teus beneficios.

Chegados a este punto, seguro que che interesa este artigo que escribimos sobre a importancia do deseño gráfico para o teu negocio:

https://www.vincusys.gal/blog/a-importancia-do-deseno-grafico-nas-empresas/

Deseños que nos deixaron coa boca aberta

A creatividade no noso sector non ten límites e, ás veces, aparecen deseños tan espectaculares como este da axencia de Nikita Konkin:

Ou tan curiosos como este do ‘Vino Loco’ de Bodegas Canopy:

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Bodegas Canopy (@bodegascanopy)

E non podían faltar os envases eco, como a botella de papel de Black Label:

Coidar o packaging pode derivar para o teu negocio nun incremento de vendas, si, pero tamén nunha mellora da túa imaxe de marca en materia de responsabilidade social corporativa. Un envasado sostible, como o de Johnnie Walker, denotará un compromiso medioambiental.

Agora pensa que queres transmitir e, a partir de aí, escolle o deseño que máis se axuste a esas ideas que queres evocar.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles