O noso cliente, Capitel KSA, recibiu o premio a mellor márketing inmobiliario durante o IV Congreso Inmobiliario de Galicia. Dende VINCUSYS, estamos moi contentos de que a estratexia de márketing que desenvolvimos para el vírase premiada con este galardón.
Noticias
Home staging
Falamos de márketing inmobiliario con Jacobo Blanco, de Capitel Ksa
Jacobo Blanco é o director de Capitel Ksa, unha inmobiliaria de Milladoiro (a 5 km de Santiago de Compostela) especializada en aluguer, venda e home staging. Queremos saber como está o sector inmobiliario, que funciona e que non funciona en márketing inmobiliario e que é iso do home staging, do que tanto se oe falar no sector. Despois de 10 anos no sector e coñecendo as idas e vidas da economía neste eido, Jacobo coñece moi ben as características do mercado inmobiliario. Fixémoslle algunhas preguntas: