Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Capitel KSA recibe o premio a mellor márketing inmobiliario

by | Mai 24, 2023 | Axencia de comunicación, Axencia de márketing, Blog VINCUSYS, Comunicación, VINCUSYS | 0 comments

O noso cliente, Capitel KSA, foi recoñecido co premio ao mellor márketing inmobiliario durante o IV Congreso Inmobiliario de Galicia. Dende VINCUSYS, estamos moi contentos de que a estratexia de márketing que desenvolvimos para el vírase premiada con este galardón.

Capitel KSA é unha inmobiliaria con base en Milladoiro, Ames. A súa longa experiencia no sector permítelle ofrecer unha ampla gama de servizos, dende a compra-venta e alugueiro de vivendas, ata a xestión de documentación variada ou a rehabilitación e reforma. Está especializada en Home Staging, unha técnica innovadora en Galicia coa que podes aumentar o atractivo dos espazos ata oito veces para conseguir que destaque no mercado.

Ademais, Capitel brinda a posibilidade de crear reportaxes fotográficas e de vídeo para darlles aos seus clientes un bo material co que ensinar as súas propiedades aos posibles compradores. Tamén forma parte da Asociación Galega de Inmobiliarias (AGALIN) e ten acordos con outras empresas do sector, o que significa que dispón dunha grande oferta de casas e apartamentos.

En VINCUSYS desenvolvemos para Capitel KSA unha estratexia de márketing integral que inclúe a xestión da comunicación externa, a dinamización das redes sociais, o deseño web e o deseño gráfico da compañía. Adaptamos os nosos esforzos ás necesidades do cliente e, por iso, é un orgullo para nos ser que fora recoñecido con este premio a nivel nacional.

Se tes unha empresa e interésache algún dos nosos servizos de márketing ou comunicación, podes contactar connosco e faremos unha proposta en liña cos teus obxectivos.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles