Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Falamos de márketing inmobiliario con Jacobo Blanco, de Capitel Ksa

by | Out 6, 2019 | Axencia de márketing, Blog márketing, Entrevistas | 0 comments

Jacobo Blanco é o director de Capitel Ksa, unha inmobiliaria de Milladoiro (a 5 km de Santiago de Compostela) especializada en alugueiro, venda e home staging. Queremos saber como está o sector inmobiliario, que funciona e que non funciona en márketing inmobiliario e que é iso do home staging, do que tanto se oe falar no sector. Despois de 10 anos no sector e coñecendo as idas e vidas da economía neste eido, Jacobo coñece moi ben as características do mercado inmobiliario. Fixémoslle algunhas preguntas:

En que situación está o mercado inmobiliario español e galego en particular?

En España nos últimos anos incrementaron as vendas por tres factores importantes: O valor das propiedades no nivel máis baixo da última década, a capacidade de aforro do comprador aumentou pola crise e, por último e máis importante, a financiamento. Ante a ameaza do Banco Central Europeo de altas comisións polo diñeiro reservado, os bancos volveron a sacar produtos de financiamento.

No eido galego tamén vimos este repunte de vendas de vivendas. Hai que dicir que, aínda así, o mercado está un pouco revolto. En grandes cidades o metro cadrado nalgúns barrios está a prezos de burbulla inmobiliaria e noutros por debaixo dos valores mínimos de precrise.

O caso do alugueiro ten agora unha problemática complexa. O volume de oferta e de demanda é desigual. Temos un alto número de demandantes e un escaso parque de vivendas en alugueiro. Isto incrementa o prezo das vivendas nun 20 % sobre o valor medio de mercado.

E como se resolve isto?

Pois non ten unha solución fácil. Desde AGALIN, a Asociación Galega de Inmobiliariasda que son tesoureiro, estamos en conversas co alcalde sobre os principais problemas que hai agora mesmo. En Santiago, por exemplo, a demanda de alugueiro supera de longo á oferta dende que se instalou o alugueiro turístico, que comeu máis da metade do parque de inmobles en alugueiro. A medida que diminuíron as vivendas destinadas ao alugueiro tradicional, os santiagueses foron mudándose a poboacións próximas como Milladoiro, Bertamiráns ou Sigüeiro, pero agora mesmo xa apenas quedan pisos libres en ningunha delas.

Neste sentido, estamos pelexando para unha maior regulación, arrancámoslle ao alcalde o compromiso para crear unha normativa con capacidade sancionadora e outras accións específicas para conseguir que propietarios de inmobles os aluguen. Maior oferta cubrirá polo menos parte da demanda e cortará a subida de prezos vertixinosa que estamos vivindo agora mesmo.

local para tu empresa

Que botas en falta no teu sector?

A profesionalización. Hoxe por hoxe todo o mundo pode vender ou alugar unha propiedade ou cre contar coa experiencia necesaria para poder facelo. Moitos clientes nos preguntan: “Que é o que fixeches?”. Non entenden que detrás do proceso de alugueiro ou venda dun inmoble existe unha preparación. Noutras profesións a man de obra ou a hora traballada cóbrase e o cliente pode estar contento ou non, pero acaba pagando. Nós cobramos a éxito, cando firmamos a venda da propiedade ou a alugamos. Iso implica que se non chegamos a firmar, todo o traballo realizado desaparece e en moitos casos a empresa ten que pechar.

Que porcentaxe de éxito no márketing inmobiliario procede de Internet e cal vén de fóra?

Hoxe por hoxe o 85-90 % do noso principal cliente provén de Internet. As axencias inmobiliarias publicamos a nosa base de vivendas en webs inmobiliarias e as redes sociais tamén nos atraen clientes. O resto, entra por carteis, clientes que se achegan á oficina, folletos, etc.

A túa marca persoal é o que perciben os teus clientes de ti, o que fai que te distingan doutras empresas do sector. A marca persoal inspira confianza e neste sector, se o propietario e o comprador ou arrendatario non confían en ti, non consegues nada.

Cales son as canles que mellor funcionan para venda ou alugueiro?

A principal canle de venda ou alugueiro son as webs inmobiliarias, as máis punteiras son Fotocasa, Idealista, Pisos.com e Yaencontré, nas que pagas por publicar un pack de vivendas. Tamén hai outras nas que che permiten publicar as vivendas gratuitamente, aínda que estas últimas están cambiando a súa política e empezan a cobrar. Tamén nos estamos adaptando aos novos tempos, as redes sociais gañan terreo e en moitos dos casos chegas a moitos clientes sen ter que gastar diñeiro. Estamos adaptándonos a novos programas de xestión que permiten axilizar trámites e publicacións.

Funciona o márketing inmobiliario?

Claramente si, si rotundo. Hoxe unha boa planificación dun anuncio é éxito asegurado. Publicando unha propiedade cunhas boas fotografías e un bo texto, conseguimos que atraia máis clientes, e chegar ao comprador ou arrendatario.

Nós confiamos ferreamente a nivel de márketing dixital en VINCUSYS, xa que non dispoñemos de tempo nin de coñecementos profesionais de márketing dixital que nos permitan optimizar resultados e sen unha empresa como VINCUSYS seriamos unha axencia inmobiliaria máis no sector. Grazas a ela, conseguimos mellorar moito o noso branding e que empresas construtoras se fixen en nós como comercializadora.

Que é o home staging e que vantaxes ten?

O home staging é unha ferramenta para a venda. Consiste en preparar a vivenda para conseguir a súa venda ou alugueiro, chamando a atención dos posibles compradores. As estatísticas indican que a venda dun inmoble aplicando esta técnica se consegue ata 8 veces máis rápido.

Que importancia lle dás á marca persoal?

A túa marca persoal é o que perciben os teus clientes de ti, o que fai que che distingan doutras empresas do sector. A marca persoal en márketing inmobiliario inspira confianza e neste sector, se o propietario e o comprador ou arrendatario non confían en ti, non consegues nada.

As estatísticas indican que a venda dun inmoble aplicando home staging se consegue 8 veces máis rápido.

E a presenza on line?

Como anteriormente veño dicindo, a presenza on line para una axencia inmobiliaria é imprescindible. Non poderiamos vivir sen Internet, non chegariamos ao 90 % dos nosos clientes.

Cales son os retos dixitais dun emprendedor no teu sector?

Moitos, moitísimos. Cada día hai novos conceptos, novas fórmulas, novas estratexias. Penso que sería moi importante que unha persoa que comece no noso sector teña un mínimo de coñecemento de Internet e redes sociais.

Se tés dúbidas sobre márketing inmobiliario ou queres enviar algunha consulta á nosa axencia de márketing, podes facelo a través deste link.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles