Hoxe queremos facer unha reflexión sobre a situación das redes sociais no pequeno comercio. A aparición e normalización destas plataformas a nivel internacional e de forma intersectorial trouxo múltiples vantaxes, pero tamén dificultades e inconvenientes. Non sempre os recursos tanto a nivel de tempo como de diñeiro son os óptimos para un negocio que non ten un gran tamaño, por iso hai que valorar os pros e os contras e ter sempre en conta ata onde se pode chegar. É mellor non estar en redes sociais que telas abandonadas.