Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Que pasa coas redes sociais no pequeno comercio?

by | Dec 2, 2021 | Blog publicidade, Márketing, Social media, Tecnoloxía, Tenda on line | 0 comments

Hoxe queremos facer unha reflexión sobre a situación das redes sociais no pequeno comercio.  A aparición e normalización destas plataformas a nivel internacional e de forma intersectorial trouxo múltiples vantaxes, pero tamén dificultades e inconvenientes. Non sempre os, recursos tanto a nivel de tempo como de diñeiro, son os óptimos para un negocio que non ten un gran tamaño, por iso hai que valorar os pros e os contras e ter sempre en conta ata onde se pode chegar. É mellor non estar en redes sociais que telas abandonadas.

Vantaxes das redes sociais no pequeno comercio

1.- Permiten chegar a un público infinitamente superior ao local. Tanto se está na estratexia do pequeno comercio o envío nacional e internacional ou a venda on line, como se simplemente quere darse a coñecer máis alá da cidade ou pobo no que estea, as redes sociais son un medio moi útil.

2.- Posibilitan fidelizar ao cliente. Ofertas, descontos, promocións, novos produtos, cambios de horario, avisos de peche por vacacións… O público pode estar en contacto permanente co negocio, coñecer as súas propostas e converterse en fiel seguidor.

3.- Axudan a crear diálogo entorno ao negocio. Usuarios da rede poden coñecer a tenda, outros que sexan clientes poden opinar sobre a súa experiencia de compra e o propietario consegue saber en tempo real as apreciacións do seu público real e potencial.

4.- Son unha importante canle para a axuda postvenda. No caso de precisar arranxos, cambios, contactar co servizo técnico, etc., as redes sociais proporcionan un espazo no que o cliente pode falar de ti a ti co propietario ou encargado da tenda. Unha boa resposta por parte deste xerará confianza e fidelización para futuras compras, ademais dunha visión positiva por parte do resto de usuarios.

É mellor non estar en redes sociais que telas abandonadas.

5.- Axudan a coñecer e segmentar clientes. Grazas ás redes sociais, o pequeno comercio pode saber os gustos, preferencias, horarios… dos seus clientes e enfocar a todos ou a unha parte deles as súas propostas. Unha boa segmentación é clave para mellorar as vendas e os beneficios, e no caso de apostar por publicidade en redes sociais, permitirá enfocar ben as comunicacións e polo tanto optimizar a inversión.

6.- Permiten mellorar. A información das redes sociais debe servir como unha autocrítica, xa que son os propios clientes, o propio mercado, o público potencial, quen explica os pros e os contras. Estas críticas, enfocadas de maneira construtiva, substitúen aos antigos, grandes e caros estudos de mercado, moito menos concretos e, polo tanto, non tan útiles.

https://www.vincusys.gal/blog/son-fiables-as-opinions-en-facebook/

Dificultades das redes sociais no pequeno comercio

1.- Coñecer a tecnoloxía. Non sempre nos atopamos na situación óptima na que o propietario, encargado ou empregado do negocio teñen uns coñecementos mínimos sobre social media e é complicado asignar unha partida dos beneficios a comunicación e publicidade cando estes non son grandes.

2.- Dispor de tempo para atender as redes sociais. É fácil que nun negocio unipersoal ou con poucos empregados todos teñan un volume de traballo que lles impida dispor de tempo para atender correctamente as redes sociais. O que está claro é que é mellor non estar en redes sociais que estar de calquera xeito.

3.- Que pasa cando o negocio está pechado? Na era das redes sociais, os usuarios estamos moi mal acostumados. Queremos respostas inmediatas, pero non nos decatamos de que detrás hai unha persoa atendéndonos, sexa un social media strategist ou o propietario, encargado ou empregado dun pequeno negocio. Esas persoas tamén teñen dereito a descansar e non por iso podemos pensar que o seu servizo de atención ao cliente é peor. Non é comparable a cantidade de recursos que unha gran empresa pode dedicar ás redes sociais co dun pequeno negocio local. Neste senso escribiamos un artigo hai unhas semanas sobre cando descansa un community manager.

En calquera caso, está claro que as redes sociais no pequeno comercio poden ser de gran utilidade, pero sempre hai que valorar pros e contras, establecer unha estratexia coherente e, sobre todo, ser sincero cun mesmo á hora de embarcarse ou non nelas. Terei tempo para atendelas axeitadamente? No caso contrario, o mellor é non facelo, como comentábamos antes, é mellor non estar en redes sociais que telas abandonadas. Senón, sempre podes contactar coa nosa axencia de márketing en Vigo, axudámoste coa comunicación do teu negocio!

Quizais tamén che interese ler un artigo no que falamos sobre xestión de crise.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles