Hoxe en día se tes un negocio é de vital importancia contar cunha presenza coidada en Internet, tanto a nivel web como de redes ou de Google My Business, independientemente de se tes unha compañía de gran tamaño, unha pyme, un comercio pequeno, etc. E digo “coidada” porque se eres visible en Internet existe a posibilidade de obter malas recensións ou comentarios e que a túa imaxe se vexa comprometida. Por este motivo é importante estar na web e coidar a túa imaxe, do mesmo xeito que mantés en bo estado a túa tenda física ou o teu escaparate.