Noticias

Posicionamento web
Vantaxes e desvantaxes do SEO

Vantaxes e desvantaxes do SEO

A optimización para os motores de busca ou SEO (do inglés Search Engine Optimization) consiste en aplicar diversas técnicas para mellorar a presenza nos resultados que os buscadores devolven para dererminados termos de busca co obxectivo de aumentar as visitas efectivas nun sitio web. Dito de outra forma, é un método de comercialización dun sitio web en liña de negocios de xeito que atrae a máis visitantes e os converten en consumidores. Isto implica o uso de imaxes, vídeos, perfís e contidos co fin de impulsar un enlace na orde de resultados dun motor de busca.

Como optimizar o SEO para e-commerce?

Como optimizar o SEO para e-commerce?

Xa comentamos que o e-commerce é unha realidade para as empresas do noso país. É máis, prevese que siga medrando como ata agora. Pero para que o noso negocio on line prospere, debemos ter en conta o SEO. Temos que traballalo para que os usuarios que accedan á nosa web poidan apreciar a calidade dos nosos produtos e servizos e os adquiran. Traballar o SEO para e-commerce dá visibilidade á nosa web nos buscadores, o que aumenta a probabilidade de captar tráfico para converter.