Un dos principais obxectivos das campañas de publicidade é atraer clientes. No mundo dixital, o tráfico e a visibilidade do teu anuncio son claves para o éxito. Está claro que se pasas desapercibido, non conseguirás o teu obxectivo. Neste sentido, o planificador de palabras clave de Google é unha ferramenta fundamental para saber que busca o teu público.
Antes de explicar en que consiste este recurso, debes entender o valor das palabras clave na túa estratexia. Estes son termos ou frases curtas que os usuarios escriben nos motores de busca, como Google, para atopar resposta ás súas preguntas.
Cada consulta dunha persoa na rede simboliza as súas necesidades, os seus intereses e aquilo que desexan. Para os negocios, elixir os conceptos adecuados é esencial, xa que son os que conectan os seus contidos e anuncios coa audiencia que quere o que eles ofrecen.
Unha boa selección destes termos fará que o teu negocio apareza nos primeiros resultados de busca, algo crucial, posto que estar fóra da primeira páxina de Google é coma non existir. Así, con expresións clave relevantes, atraerás máis tráfico á túa web e ás persoas con intencións claras de obter os teus produtos ou servizos.
Que é o planificador de palabras clave de Google?
Neste contexto cobra relevancia o planificador de palabras clave de Google. Trátase dunha ferramenta deseñada para axudar a descubrir que termos son fundamentais no teu sector. Ao utilizala, ofrece suxestións e estimacións de popularidade.
O seu valor principal radica na súa capacidade de proporcionar a información detallada sobre o que consultan os usuarios en Google, o buscador máis popular do mundo.
Para que serve o planificador?
Este planificador é un instrumento versátil que axuda en diversos aspectos dunha estratexia dixital. Contámosche algúns dos seus principais beneficios.
Descubrir oportunidades
Unha das funcións máis importantes é que suxire diferentes palabras clave máis significativas para unha campaña, incluso termos que tal vez non consideraras. Isto serve para ampliar horizontes e atopar novas oportunidades.
Coñecer o volume de busca e competencia
Esta ferramenta ofrece datos sobre a cantidade de persoas que buscan unha palabra clave durante o período de tempo determinado, o seu nivel de competencia e as estimacións de como funciona de cada frase. Isto é útil para determinar cales son máis rendibles e están aliñadas co orzamento e os teus obxectivos.
Con estas cifras, podes decidir se centrarte en termos con alta demanda ou explorar alternativas con menor competencia, que ofrezan un retorno de inversión favorable.
Estimar a inversión necesaria
Ao coñecer o custo medio por clic de cada palabra, o planificador permite axustar o orzamento de xeito máis preciso, algo especialmente beneficioso para pequenas empresas que desexan maximizar a súa inversión, ao poder dar prioridade as que teñen cun custo razoable.
Segmentar por localización e idioma
Esta ferramenta facilita as buscas de palabras por rexión xeométrica, idioma e ata tipo de dispositivos, algo moi valioso para campañas que buscan impactar a audiencias específicas. A segmentación é ideal se operas a nivel local, xa que podes optimizar os teus termos e centrarte nun mercado específico.
Detectar tendencias
Ademais da competencia e do volume de busca, o planificador ofrece información sobre as tendencias ao longo do tempo. Isto permite identificar se unha palabra é especialmente popular en certas épocas do ano ou se a súa demanda está a medrar.
O valor dun equipo profesional
Pese a que o planificador de palabras clave de Google é un recurso gratuíto con moitas posibilidades, utilizalo correctamente require de tempo e de experiencia. É importante saber como interpretar os datos e como utilizalos de forma óptima nunha campaña. Contacta connosco e cóntanos que necesitas.
0 Comments