Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Vantaxes e desvantaxes do SEO

by | Xan 25, 2021 | Blog márketing, Márketing, SEO | 0 comments

Revisado o 03/02/23 – A optimización para os motores de busca ou SEO (do inglés Search Engine Optimization) consiste en aplicar diversas técnicas para mellorar a presenza nos resultados que os buscadores devolven para determinados termos de busca co obxectivo de aumentar as visitas efectivas nun sitio web. É un método de comercialización dun sitio web en liña de negocios de xeito que atrae a máis visitantes e os converten en consumidores. Isto implica o uso de imaxes, vídeos, perfís e contidos co fin de impulsar un enlace na orde de resultados dun motor de busca.

O concepto de SEO comezou a mediados de 1990, cando os webmasters comezaron a decatarse de que os motores catalogaban as páxinas web mediante uns criterios específicos. Cando viron que podían influír no índice dos rastrexadores dunha forma específica, comezouse a modificar certos aspectos estratexicamente, como as palabras clave nos enlaces, para chegar aos resultados esperados. En 2004, Google mellora os seus protocolos de indexación e comeza a traballar cun ranking de páxinas web de acordo con 200 indicadores diferentes. Tamén melloraron as súas medidas de control para previr abusos entre os optimizadores que aplicaban unhas fórmulas que permitían saír dunha forma rápida nos primeiros postos das listas.

Pero como tódalas cousas, SEO ten algunhas características boas e malas.

Vantaxes do SEO

  • Unha boa optimización web proporciona unha posición duradeira no tempo.
  • Se se consegue unha boa posición, o resultado final será que a nosa páxina web apareza en posicións destacadas na maioría de motores de busca.
  • Pódese construír credibilidade. Numerosos estudos indican que arredor do 60-80 % das persoas tende a facer clic nos resultados orgánicos en troques dos resultados patrocinados ou pagados.
  • Non se ten que pagar polos clics que se fan nos nosos propios enlaces nos motores de busca, é dicir, non implica ningún gasto económico.

Desvantaxes do SEO

  • Os resultados non son inmediatos, require moito tempo e dedicación. Normalmente móstranse en 3 ou 4 meses.
  • Ninguén pode garantir os resultados.

A nosa axencia de márketing en A Coruña está formada por un equipo multidisciplinar que se adapta á perfección a traballos como o SEO. Non dubides en contactar connosco se che interesa este servizo.

Quizais queiras coñecer tamén as vantaxes e desvantaxes do SEM, deixámosche un artigo sobre o tema:

https://www.vincusys.gal/blog/vantaxes-e-desvantaxes-do-sem/

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles