As recensións ou reviews de produtos ou servizos son tremendamente importantes hoxe en día, tanto para os e-commerce como para as webs corporativas. Igual que te fías máis de comprar algo que che recomenda persoalmente a túa nai ou a túa irmá, é moi probable que os teus clientes vaian correndo a ler as opinións de outros antes de adquirir un produto ou servizo.