Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Optimiza o acceso a túa información dende móbil cunha webapp

by | Out 24, 2024 | Blog VINCUSYS, Deseño web, Tecnoloxía, Web | 0 comments

Segundo o informe Digital 2024 de We Are Social, o 96,1 % dos españois acceden a internet a través dos seus móbiles. Ofrecer unha experiencia fluída en smartphone permitirache transmitir a túa mensaxe de maneira máis eficaz. Sabendo isto, desenvolvemos webapps para aqueles clientes que precisan facilitar unha información concreta aos seus clientes, como é o caso dun menú ou carta dun restaurante ou un programa dun evento ou congreso.

Para poñerte en contexto, unha ‘webapp’ é unha web cunha aparencia semellante á dunha aplicación móbil, pero que funciona directamente na nube, sen necesidade de descarga nin instalación no teu smartphone. Unha especie de sitio mellorado para ser visto dende teléfonos móbiles, cunha interface moi similar ao dunha app e un custo inferior.

No 38 Congreso Nacional da Sociedade Española de Pediatría Extrahospitalaria e Atención Primaria (SEPEAP), máis de 1.100 persoas puideron consultar facilmente dende o seu móbil as actividades do evento organizadas por xornada. Carrís Hoteles conta cunha webapp para a información máis esencial que queren ofrecer de forma áxil aos seus clientes, do mesmo modo que o coñecido restaurante La Tita, famoso polos seus pinchos de tortilla substanciosa e pouco feita, comunica aos seus con outras suxestións gastronómicas a través desta ferramenta.

Como ves, as webapps permiten aproveitar o potencial dos teléfonos móbiles para difundir mensaxes de forma áxil e cómoda. O proceso é moi sinxelo: colocas un QR en emprazamentos estratéxicos do teu local, en publicidade exterior, prensa, etc, e os teus clientes potenciais poderán visualizala a través da webapp, sen necesidade de escribir unha url nin de descargarse unha aplicación no seu móbil.

As webapps son especialmente útiles cando queres garantir que a túa información vai ser accesible de forma rápida cunha conexión 4G, dende móbil e, posiblemente, en tránsito: persoas que van cear ao teu restaurante, asistentes a un festival de música con moitas actuacións, hoteis que queren mostrar aos seus hóspedes todas as posibilidades que ofrece o seu negocio…

Contacta connosco para valorar como estas ferramentas poden axudarte no día a día do teu negocio.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles