Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Por que non me seguen en Twitter?

by | Ago 30, 2012 | Social media | 0 comments

Ultimamente moita xente nos pregunta «por que non me seguen en Twitter?» e engaden frases do estilo «se eu me converto no seu follower, por que non me seguen a min?». Aquí vos deixamos algunhas respostas para estas incógnitas:

1.- A «solidariedade» en Twitter non é operativa: Seguir a persoas ou organizacións, polo mero feito de que elas te sigan a ti, non ten sentido. Interésanos, sobre todo se somos empresa, que nos sigan aqueles usuarios relacionados co noso sector ou que poidan achegarnos algo. Sobre todo se se trata dun perfil cunha clara orientación comercial.

2.- Por que seguir a quen non coñeces?: Só seguiremos a quen vexamos ou intuamos nunha primeiro ollada aos seus chíos que poden achegarnos algo. Por que vou seguir a quen non coñezo se é unha persoa que emprega a súa conta para comentarios persoais ou de baixo interese?

3.- Se non coida a súa imaxe nin os seus chíos, non interesa: Cantas persoas coñecemos que aínda teñen un ovo de avatar en Twitter? Cantas delas están implicadas cun uso desta rede social que poida achegar algo positivo á nosa conta?

4.- O ruído molesta: As contas que están enviando chíos publicitarios constantemente ou frases irrelevantes e incluso as que son empregadas só para comentarios persoais con amistades, xeran ruído e dificultan a actividade normal. Tenden a ser perfís que poden achegar pouco ou nada á nosa actividade tuiteira diaria.

5.- Contas pantasma: Existen moitos usuarios que «casualmente» teñen centos e incluso milleiros de seguidores, pero apenas comparten nada. Sospeitoso, non? Estas persoas valoran máis un «follow back» que unha conta coidada con información interesante. Se non chías, deixas de ter interese e deixarán de seguirte.

6.- Emprega adecuadamente os hashtag: Hai unha tendencia a abusar dos hashtag, a poñer unha # diante de moitas das palabras dun chío sen ton nin son. Esforzámonos en seleccionar adecuadamente as palabras ou temas que engloban a información que compartimos para que o resto de usuarios poidan interactuar con ela.

7.- Ás veces, simplemente non te siguen porque non interesas: Moitas veces seguimos a alguén e esperamos un «follow back» que nunca chega. Cada usuario ten a súa propia política. Pode ser que unha conta de empresa non nos siga ou que un usuario con certa relevancia non o faga. Non por iso nos debemos desesperar, simplemente pode formar parte da súa política non seguir sen ton nin son.

8.- Hai que evitar repetir constantemente os mesmos chíos: Vale que intentemos captar a atención dos nosos seguidores e posibles novos seguidores con determinadas informacións, pero a repetición de contidos fará que perdamos aos que xa temos.

Estes son algúns dos consellos máis útiles que podemos darvos. Queredes engadir algún máis?

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles