Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Que é o márketing de guerrilla?

by | Mar 17, 2023 | Blog márketing, Márketing | 0 comments

Hoxe en día, con tanta publicidade en tanta competencia, é moi complicado facer que a túa marca destaque. Por non falar dos altos custos que soe requirir unha inversión deste tipo. Pero hai unha solución a este problema e por iso ímosche explicar que é o márketing de guerrilla e por que deberías utilizalo.

Comezando polo principio, o márketing de guerrilla é unha técnica publicitaria que emprega medios pouco convencionais, creativos e innovadores, co obxectivo de chamar a atención das persoas e conseguir que se interesen por unha marca. Adoita levarse a cabo en lugares públicos onde hai unha grande afluencia de xente, como prazas, rúas, parques ou estadios.

Seguro que recordas algunha lona ou panel publicitario na rúa que te impresionase, xa fora pola súa mensaxe ou o seu deseño. Isto é un tipo de márketing de guerrilla.

A clave é sorprender, de forma que sexan os clientes potenciais e a prensa os que promovan á campaña porque xera curiosidade e asombro. Para iso, hai que elixir o momento e o sitio correcto para colocar a publicidade.

Desta forma, o márketing de guerrilla xera expectación para que o consumidor queira comprar un produto ou servizo e fale del á súa familia ou amigos. Ademais, non require de alta inversión en espazos publicitarios, polo que se tes unha pequena empresa, esta estratexia é perfecta para ti.

Esa técnica gañou popularidade nos últimos anos grazas aos dispositivos móbiles, xa que a xente comparte máis este tipo de anuncios en redes sociais e causa que outras persoas se interesen.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida por Netflix España (@netflixes)

Vantaxes

O márketing de guerrilla pode traer moitos beneficios, por iso imos contarche as vantaxes que pode ofrecer á hora de dar a coñecer os teus produtos ou servizos.

  • Axuda a dar personalidade a túa marca.
  • Precisa de pouca inversión económica, polo que é alcanzable para pequenos negocios.
  • Aumenta a túa visibilidade.
  • Mellora o posicionamento da túa empresa fronte á competencia.
  • Ten altas probabilidades de converterse en contido viral.
  • Persiste na memoria, a xente tende a recordar este tipo de anuncios.
  • Da liberdade creativa para crear campañas rechamantes.
  • É fácil chegar ao teu público obxectivo, xa que colocarás a publicidade en lugares nos que sexa sinxelo que se vexa.

Tipos de márketing de guerrilla

Dentro desta técnica, hai diferentes variantes que podes escoller á hora de levar a cabo unha estratexia de márketing.

Ambiental

Consiste en elixir un espazo público que teña moita afluencia de xente, sexa interior ou exterior, e transformalo para transmitir a túa publicidade nel. Este tipo agrega valor aos obxectos urbanos da zona e é un dos máis populares, xa que rompe coa imaxe cotiá e impacta na mente do consumidor.

Cartel publicitario de AGALIN.

Emboscada

Aquí, sorprendes á audiencia dun evento en progreso, como un partido de fútbol ou un concerto, para promover o teu produto ou servizo. Un exemplo sería o acontecido no concerto de Rihanna da Super Bowl de 2023, no que ensinou a súa liña de maquillaxe, Fenty Beauty, mentres cantaba.

Performance

Nesta variante de márketing de guerrilla, creas unha posta en escena nun lugar público, contratando a actores para iso. É aquí onde entran os famosos flashmob, nos que grupos de persoas comezan a bailar unha coreografía de forma espontánea e que foron tan populares fai uns anos.

Márketing viral

Conseguir que o teu contido se faga viral en redes é algo que buscan tódalas marcas porque significa ter moitas visualizacións e que o público fale máis de ti. Por iso, esta clase de publicidade da moitos beneficios para dar a coñecer os teus produtos e que a xente os compre.

Exemplos de márketing de guerrilla

Agora que sabes o que é, imos ensinarche uns exemplos para que vexas como levaron a cabo certas marcas as súas campañas de márketing de guerrilla.

Pasos de vaca

O paso de vaca é unha iniciativa de Casa Grande de Xanceda coa que queren poñer en valor a importancia das vacas e do sector agrario. Consiste en pintar pasos de cebra, pero adaptados ás manchas características destes animais.

Burger King e Doritos

Con motivo dunha colaboración, as marcas colocaron en Madrid e Barcelona uns soportes publicitarios con forma de bolsa de Doritos, nos que os viandantes podían atopar invitacións para acudir aos restaurantes de Burger King e probar os novos produtos.

The Last Of Us

A serie de HBO Max levou unha das rúas de Madrid ao mundo postapocalíptico no que se sitúa. Así, as persoas que paseasen polo centro da cidade encontrarían este impresionante escenario e experimentar nas súas carnes o que sería formar parte de The Last of Us.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida por HBO Max (@hbomaxes)

Estrella Galicia

A marca de cervexa colocou unha lona que contiña unha mensaxe chistosa, empregando unha expresión da linguaxe coloquial que non se adoita empregar na publicidade. A xente que a viu, empezou a compartir esta campaña por redes sociais, pola ousadía da empresa, e volveuse viral.

Bosé e SkyShowtime

Con motivo da estrea da serie Bosé, a plataforma de streaming SkyShowtime instalou en Madrid unha experiencia inmersa coa que os viandantes puideron sentirse como unha estrela.

O espazo estaba composto por catro salas que simulaban o camiño que un artista debe percorrer antes de saír ao escenario, para que os cidadáns se meteran nas carnes do protagonista do show.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida por ANITA (@anitamg)

Comecemos a deseñar a túa estratexia

Como podes ver, o márketing de guerrilla é unha técnica visual que consegue impactar con facilidade aos clientes e desviar a súa atención cara o teu produto dunha forma diferente. Faite destacar fronte a túa competencia dunha forma divertida que da que falar. Iso si, para deseñar unha campaña deste calibre, é necesario ter creatividade, enxeño e saber moi ben como executala.

Por iso, se queres probar este método, recomendámosche que contactes coa nosa axencia de marketing en Vigo e crearemos a mellor estratexia adaptada ao teu negocio.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles