É bastante habitual querer escribir un bo artigo e atoparte dicíndote a ti mesmo esta frase, especialmente se non estás afeito ao boli e ao papel, por traballo ou afección. E, de súpeto, un motivo imperioso obrígache a escribir un artigo, unha nova, un contido. As ideas non flúen, tés un caos mental e comezas e borras as veces suficientes como para sentirte frustrado. Imos ordenar ese caos.
Noticias
O traballo dun profesional ten un prezo: #EuNonRegaloOMeuTraballo
Non podemos estar máis en contra da explotación laboral, sexa a asalariados, autónomos ou traballadores que, por circunstancias persoais, non poden non aceptar un traballo en negro, eses que sofren a explotación máis lamentable e denigrante. Dende que comezou a crise os niveis de abusos deste tipo viñeron medrando ata límetes insospeitados.
Queres que os titulares do teu blog enganchen aos teus lectores?
Hoxe en día case todas as empresas con presenza on line teñen un blog. Un dos elementos máis importantes dos artigos do teu blog son os titulares. Deles dependerá que os lectores se enganchen ou non ao contido das túas publicacións.
Tres claves para escribir artigos atractivos
Internet é, sen dúbida, un dos maiores avances tecnolóxicos en toda a historia da humanidade. Se estás lendo estas liñas significa que a rede forma parte do teu día a día. Como a través de Internet somos capaces de comunicar calquera tipo de información, é preciso coñecer as claves, que ten de diferente a escritura para a rede de redes. Para isto, propóñoche comparar a forma de escribir artigos atractivos para blog con, por exemplo, o modo de facelo na prensa tradicional. Non quero con este artigo entrar no debate de que medio é mellor, senón achegarte tres claves para que os teus artigos sexan cada vez máis atractivos e cheguen a máis lectores.
Entrevistamos a Buenafuente, Corbacho e Berto
Milano Cocktail-Bar é un local elegante do centro de Barcelona. Baixar as súas escaleiras, transporta aos anos 40. Dende as 12 da mañá comparten...
Respecto polo xornalismo de calidade
Semella que cada vez o respecto pola profesión xornalística e as súas novas fórmulas —Social Media Management e Comunicación 2.0— decrece co paso do...