Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Queres que os titulares do teu blog enganchen aos teus lectores?

by | Abr 18, 2016 | Blog comunicación, Comunicación, Xornalismo | 0 comments

Hoxe en día case todas as empresas con presenza on line teñen un blog. Un dos elementos máis importantes dos artigos do teu blog son os titulares. Deles dependerá que os lectores se enganchen ou non ao contido das túas publicacións.

A competitividade na web é moi alta e por iso tes que converterte nun gran copywriter para persuadir e/ou enganchar aos teus lectores. Pero, como facelo? Así debe ser o titular do teu blog para que enganche:

1. Breve, claro e conciso. É unha máxima infalible. Resume o contido do texto no teu título para que os teus lectores se fagan unha idea de que se van atopar cando fagan clic para ler o teu blog. Isto fará que os teus contidos sexan máis virais.

2. Comeza coa fórmula «Como + infinitivo». Agora, os artigos que máis triunfan no mundo on line son os que inclúen instrucións de algo en concreto. Arrasan en visitas e lecturas porque resultan moi útiles para os usuarios. Ademais, son sinxelos de facer. Calquera cousa pode converterse nunha listaxe de indicacións a seguir paso a paso.

3. Despertar curiosidade e intriga. Suscitar á curiosidade nos lectores é unha boa forma de conseguir a súa atención. Os usuarios séntense máis atraídos cando un titular non despexa toda a esencia do texto.

4. Personalización e identificación. Fai que a túa audiencia sexa a protagonista. Os contidos que máis tráfico xeran son os que teñen un titular que apela directamente ao lector. Isto permíteche crear un importante vínculo de confianza e fidelidade.

5. Xerar expectación. Os teus títulos teñen que xerar unha expectativa que vai cumprirse ao longo do texto. Nestes casos, débese engadir tamén un comentario adicional en primeira persoa.

6. Resolver un problema. Se publicas un contido que dea resposta a un problema que teñan os teus lectores e xa se percibe no titular, terás máis posibilidades de que se volva viral.

Seguramente tamén che axude este post:

https://www.vincusys.gal/blog/quero-escribir-un-bo-artigo-pero-non-sei-como-comezar-como-escribir-un-bo-artigo/

Estas son algunhas das claves que se nos ocorren dende a redacción de VINCUSYS. Tes algunha máis que queiras compartir connosco?

Foto: Christian Schnettelker

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles