Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Somos Axentes Dixitalizadores do programa Kit Digital!

by | Mar 16, 2022 | Blog recursos, VINCUSYS | 0 comments

A dixitalización do teu negocio pode ser gratuíta con VINCUSYS grazas ás axudas do Goberno a través dos fondos europeos Next Generation EU. Estas subvencións do programa Kit Digital teñen como obxectivo axudar aos negocios a mellorar os seus procesos internos ou a súa presenza en Internet. Como estamos dentro da lista de Axentes Dixitalizadores, podes contratar o servizo que che interese coa nosa axencia de márketing en Galicia.

Estas axudas están dirixidas a cubrir necesidades dixitais de pequenas empresas, microempresas e traballadores autónomos de calquera sector ou calquera tipo de negocio para mellorar a súa competencia no mercado. Os bonos outorgaranse a tres segmentos diferentes: de 10 a 49 empregados, de 3 a 9 empregados e de 0 a 2 empregados. Por agora o prazo só está aberto para o primeiro grupo.

A contía das axudas depende do número de traballadores e do servizo que queiras contratar. As solucións que cobre o Kit Digital son:

  • Sitio web e presenza en Internet.
  • Comercio electrónico.
  • Xestión de clientes.
  • Xestión de procesos.
  • Business Intelligence e analítica.
  • Servizos e ferramentas de oficina virtual.
  • Factura electrónica.
  • Comunicacións seguras.
  • Ciberseguridade.

Somos axentes dixitalizadores

En VINCUSYS ofrecemos todos estes servizos como Axentes Dixitalizadores. Se a túa empresa cumpre coas características para pedir esta subvención e che interesa algunha destas solucións, xestionámoscho todo! Non dubides en contactar connosco.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará