Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

VINCUSYS volve ser patrocinador e partner marketing do IV Congreso Inmobiliario de Galicia

by | Feb 16, 2023 | Blog VINCUSYS, Márketing, Tenda on line, VINCUSYS | 0 comments

En VINCUSYS, este ano repetimos como un dos patrocinadores e partners de marketing do IV Congreso Inmobiliario de Galicia, realizado pola Asociación Galega de Inmobiliarias (AGALIN). Ademais, tamén volvemos vender as súas entradas a través de VINCUTICKET, a nosa plataforma de venda de tickets.

Despois da grande experiencia dos últimos anos, é un orgullo poder participar novamente nun evento tan destacado coma este e que regresa con forza este mes de maio. O congreso comezou a súa andadura polo ano 2020, unha época moi incerta para o mundo inmobiliario. E fíxoo de maneira on line, adaptándose ás circunstancias para ofrecer un servizo de valor ao sector.

Como cada ano, ao evento acudirán grandes profesionais de recoñecida traxectoria no ámbito inmobiliario para compartir a súa experiencia e o seu coñecemento sobre a situación actual do mercado con todos os asistentes.

E falando do pasado, a terceira edición do congreso que se celebrou no 2022 foi un grande éxito, contando con case 200 asistentes presenciais e máis de 1.000 inscritos na súa xornada semipresencial on line.

Ademais, acudiron máis de 30 poñentes diferentes, que tocaron temas moi interesantes. Entre eles, interviron no evento o CEO de CapitelKSA e tesoreiro de AGALIN, Jacobo Blanco; a presidenta de Vivienda2, María José Corrales; ou o presidente do Consejo General de COAPIS de España, Gerard Duelo.

Ponencia de la Tercera Edición del Congreso.

En canto a invitados, estiveron presentes varios perfís recoñecidos, como a concelleira de Vivenda, Mercedes Rosón; a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez; o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo; e o exministro de Fomento, Xosé Blanco, entre moitos outros.

Pola nosa parte, achegamos o noso granito de area patrocinando o relatorio ‘Lo que no controlas, te controla’, que fixemos xunto con Nello D’Angelo, fundador da Real Estate Academy.

Unha nova oportunidade para celebrar

O IV Congreso Inmobiliario de Galicia terá lugar os días 19 e 20 de maio. O primeiro día acollerá ao Congreso Internacional Presencia. Pola súa parte, o segundo acollerá ao Postcongreso Cultural e Gastronómico en Compostela, e incluirá diferentes actividades, como facer a última etapa do camiño de Santiago, chegar á Catedral e desfrutar do espectáculo do botafumeiro ou unha elegante cea de gala.

O evento celebrarase no Auditorio Abanca, no casco vello de Santiago de Compostela, unha localización ideal para unha cita inmobiliaria coma esta, rodeada de historia arquitectónica da cidade.

A inscrición presencial para o congreso xa está aberta, polo que se che interesa podes visitar VINCUTICKET e facerte coa túa entrada para esta grande celebración do sector.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles