Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

VINCUTICKET renova o deseño da súa páxina web

by | Feb 14, 2024 | Blog VINCUSYS, Deseño web, VINCUTICKET, Web | 0 comments

VINCUTICKET, a plataforma para a venda de entradas do Grupo VINCUSYS, renovou por completo o deseño da súa web, con motivo do seu segundo aniversario, para ofrecer unha experiencia mellorada aos seus usuarios. Así, deulle unha aparencia máis moderna, rechamante e fácil de navegar.

Esta páxina ofrece entradas para todo tipo de eventos no territorio nacional. Pon ao servizo dos seus clientes todas as facilidades e ferramentas necesarias para dar a coñecer e distribuír tickets para ocasións de calquera tipo, dende concertos e congresos ata exposicións e clases a distancia.

VINCUTICKET tamén proporciona aos organizadores unha aplicación móbil para escanar e validar tickets mediante códigos QR, o que simplifica as colas físicas e axiliza o proceso. Por outro lado, os visitantes poden explorar e comprar entradas de xeito sinxelo e intuitivo.

Nova páxina web de VINCUTICKET.

O obxectivo desta nova aparencia é poñer máis foco nos eventos dispoñibles e transmitir unha sensación de modernidade e dinamismo. Concretamente, cambiou por completo os apartados de inicio, evento e noticias.

Agora, a sección de ‘eventos destacados‘ é máis grande e rechamante que antes e a de ‘faite organizador‘ inclúe unha ligazón directa ao formulario de rexistro.

O apartado de eventos conta cun menú por categorías no lateral esquerdo, o que facilita a procura. Por outro lado, as páxinas individuais de cada evento inclúen un mapa para saber exactamente a localización na que se celebrarán.

En canto ás noticias, agora teñen unha interface máis accesible e clara, para que os lectores poidan ler comodamente. Ademais, incorporouse unha sección con artigos relacionados, para que descubran contidos similares ao que estaban a ver.

O seguinte vídeo amosa un resumo de todos estes cambios. Podes velo a continuación:

En xeral, VINCUTICKET mutou a súa imaxe para ofrecer unha experiencia máis cómoda, sinxela e moderna aos seus usuarios, tanto organizadores como compradores. Podes descubrila por ti mesmo facendo clic aquí.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles