Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

WhatsApp integrará Workplace, a rede social empresarial de Meta

by | Mar 8, 2022 | Blog tecnoloxía, Social media | 0 comments

Tras a crise sanitaria, a comunicación on line volveuse aínda máis imprescindible, especialmente nas empresas. Múltiples plataformas convertéronse nunha ferramenta máis de traballo no día a día de moitos negocios. Así é que no 2022 WhatsApp integrará Workplace, unha rede social empresarial que pon en contacto directo aos empregados.

Esta ferramenta ten como obxectivo facilitar espazos de comunicación entre os traballadores dos negocios. Ao unila con WhatsApp, que é unha ferramenta moito máis empregada, Meta intenta que esta rede social empresarial chegue a máis persoas.

Workplace presenta esta integración como unha conexión entre os traballadores de primeira liña e os executivos de dirección. Busca así solucionar un problema de comunicación interna entre persoal con diferentes postos que, como sinala nun comunicado, se aplificou coa crise sanitaria e aínda non se solucionou.

Ao unir ambas redes, os traballadores poderán compartir con todos os compañeiros as publicacións de Workplace a través de WhatsApp. Ademais, todas as actualizacións e a información poderán chegar aos empregados en tempo real.

Como funciona Workplace?

Esta rede social empresarial de Meta trata de conseguir unha conexión óptima entre todos os empregados, aínda que traballen en lugares ou sedes diferentes. O obxectivo da plataforma é que a comunicación sexa dinámica, de modo que a empresa sexa máis eficiente e aumente a súa produtividade.

É unha boa opción para grandes empresas ou negocios con varias sedes. Entre os seus clientes vemos nomes como Decathlon, con 93.000 traballadores, ou Hootsuite, con 1.000.

A rede social ten millóns de usuarios, aínda que en España non está tan extendida. É de pago e o prezo varía segundo o plan polo que opte a empresa. Arranca en 4 dólares por persoa ao mes, é dicir, o que custa por empregado.

É moi semellante a unha rede social, tanto na apariencia como nas funcións (podes comprobalo na demo da súa web). Os traballadores poden publicar noticias, comentar e empregar os seus chats privados.

Destacado WhatsApp integrará Workplace gl

Workplace permite facer videochamadas e chamadas de voz individuais ou grupais. Ademais, posibilita gravacións en vivo para facer comunicados a moitos espectadores. Esta función vai incluir a opción de xerar preguntas e respostas nos directos.

A plataforma conta tamén cun apartado para subir e crear contidos sobre a organización. A biblioteca de recursos pode ter información de todo tipo, dende tips ata regulamentos da empresa. Á parte, Workplace pode integrarse cos servizos da nube (Dropbox, Google Drive…).

A comunicación interna do teu negocio é moi importante. En VINCUSYS ofrecemos solucións tecnolóxicas para o día a día da xestión empresarial. Se precisas a axuda dunha consultoría tecnolóxica, non dubides en porte en contacto coa nosa axencia de márketing en A Coruña.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará