Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

5 ferramentas de Google útiles para buscar palabras clave

by | Feb 25, 2018 | Blog tecnoloxía, Publicidade | 0 comments

Revisado o 31/01/23 – Se estamos intentando saber que palabras clave son as que máis se adaptan á nosa páxina web, o máis probable é que botáramos unha ollada a algúns dos nosos competidores para ver que frases empregan como keywords. Pero seguramente nos xurda unha pregunta, como podemos atopar esta información dunha forma máis rápida, sinxela e gratuíta?

A continuación deixámosvos 5 ferramentas de Google que nos poden axudar na busca de palabras ou frases clave e, polo tanto, un maior tráfico cara o noso sitio web.

Google AdWords

Google Adwords é posiblemente a ferramenta máis empregada polas empresas para atopar palabras e/ou frases clave, necesarias para crear novas e efectivas campañas. O seu funcionamento é moi rápido e sinxelo, unha vez completada a nosa lista con palabras ou frases clave obtemos as ideas de busca de Google. Unha vez teñamos os resultados, conseguiremos información sobre como os anunciantes compiten para cada termo de busca, así como cantas persoas buscan ao mes as nosas palabras clave. Unha vez finalizado o noso estudo, podemos gardar toda a nosa información en ficheiros en diferentes formatos: .cvs e .xml.

Google Insights

Google Insights permítenos coñecer o que os usuarios de Internet buscan na rede. É unha ferramenta que nos permite realizar unha análise de tendencias de busca de palabras clave, comparando os volumes de busca por rexións, categorías e tempo. Ademais, temos dispoñible a opción de exportar os datos en .csv.

Google Trends

Google Trends é unha ferramenta que nos permite coñecer cales son as tendencias de busca dos usuarios, sempre dentro de Google. Cómpre destacar que nos mostra o crecemento estacional que poden ter algunhas palabras clave a consecuencia dun evento fenómeno temporal. Tamén nos permite exportar todos os datos en formato .csv.

O motor de busca de Google

O motor de busca de Google tamén pode ser empregado como unha ferramenta para atopar palabras e/ou frases clave. A medida que imos introducindo unha palabra clave dentro do buscador, o motor de busca proporciónanos palabras relacionadas, que á súa vez son o resultado das palabras ou frases máis buscadas polos usuarios en Internet. Outra ferramenta que nos pode axudar son as palabras clave relacionadas. Para isto temos que ir á barra lateral e facer clic sobre “Máis ferramentas > Buscas relacionadas”. Aparecerá un listado de palabras clave relacionadas co criterio de busca que introducíramos na parte superior dos resultados de busca.

Google Analytics

Google Analytics é unha ferramenta que nos permite medir e elaborar estatísticas sobre a interacción dos usuarios na nosa páxina web, é dicir, axúdanos a realizar un seguimento e obter algunhas ideas sobre os termos que os usuarios empregan para acceder á nosa páxina.

Agora que coñecedes estas ferramentas de Google, recomendámosvos informarvos tamén das vantaxes e desvantaxes do SEM:

https://www.vincusys.gal/blog/vantaxes-e-desvantaxes-do-sem/

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles