Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

A evolución do deseño web: dende as súas orixes ata hoxe

by | Ago 12, 2024 | Blog deseño web, Deseño, Deseño gráfico, Deseño web | 0 comments

O deseño web percorreu un longo camiño dende os seus comezos alá polos anos 90. As primeiras páxinas, que eran estáticas e empregaban só texto, deron paso a outras dinámicas, interactivas e nas que o atractivo visual ocupa un papel central. Neste artigo contarémosche a evolución do deseño web.

Na década dos 90, o deseño web era unha novidade. Os primeiros sitios eran extremadamente simples, compostos principalmente de texto, con ligazóns subliñadas e algunhas fotografías básicas. A tecnoloxía da época limitaba o que se podía facer e os navegadores non soportaban moitas das características que damos por sentadas na actualidade.

A linguaxe HTML (HyperText Markup Language) foi introducido a principios dos 90 e rapidamente converteuse no estándar para crear páxinas web. Os deseñadores do momento tiñan que lidar con conexións lentas, polo que a navegación era complicada.

A medida que avanzou a década, comezaron a aparecer elementos de deseño máis sofisticados. A introdución dos GIFs, pequenas imaxes animadas, e cores de fondo personalizables permitiron experimentar máis co apartado estético, aínda que estes primeiros intentos seguían sendo visualmente toscos.

A era do Flash

A finais dos anos 90, Macromedia Flash (despois adquirido por Adobe) revolucionou o deseño web ao permitir xerar animacións avanzadas. Isto deulle a oportunidade aos deseñadores do momento ao romper coas limitacións do HTML e crear experiencias máis inmersas e dinámicas. Moitos sitios empezaron a ter intros animadas.

Porén, o uso de Flash tiña as súas desvantaxes. Os portais baseados nesta ferramenta eran a miúdo pesados e tardaban moito en cargar. Ademais, posteriormente non era compatible con todos os dispositivos. A pesar destes problemas, tivo un impacto significativo na evolución do deseño web e rompeu os límites do que era posible.

A chegada do CSS a comezos da década dos 2000 marcou un antes e un despois. Permite establecer estilos avanzados e crear elementos dinámicos que inflúen en gran medida na aparencia dunha web e na forma na que se presenta a información.

O CSS permitiu aos profesionais da época separar o contido do estilo, o que facilitou a creación de webs máis limpas e consistentes. Así, con esta linguaxe podían controlar elementos como a tipografía, as formas ou as cores, sen afectar ao resto de compoñentes.

No ano 2003 apareceron dous xigantes que cambiarían a historia desta disciplina: Facebook, a rede social por antonomasia, e WordPress, unha plataforma de xestión de contidos na que se basean a maioría das webs na actualidade.

Historia do deseño web

O auxe do deseño adaptativo

Outro fito importante no deseño web foi a aparición dos ‘smartphones’ ou móbiles intelixentes a finais da década dos 2000. Con eles, xurdiu a necesidade de portais que funcionaran en distintos tamaños de pantalla. Isto introduciu un novo concepto, o de deseño responsive, que axusta un portal web automaticamente a distintas resolucións.

O deseño adaptativo mellorou a experiencia de usuario, pero complicou a tarefa dos programadores e deseñadores web.

Co paso do tempo, o deseño web responsive cobrou un papel protagonista. Segundo o Digital Report 2024, en 2023 o 69,4 % da poboación mundial conectouse a Internet unicamente dende un teléfono móbil. Por iso, non é de estrañar que apareceran filosofías como a do ‘mobile first design‘, que priorizan a visualización dunha web dende este tipo de dispositivos.

O presente do deseño

Agora, o deseño web centrouse máis que nunca no usuario. O atractivo e a estética dunha páxina son cada vez máis importantes, así como a súa facilidade de navegación e a súa funcionalidade.

A velocidade á que carga un sitio é tamén un aspecto fundamental, xa que se tarda moito hai un gran risco de fuga de visitantes.

Ademais, o deseño integrou principios de accesibilidade para asegurar quen todo tipo de individuos poidan utilizar Internet, independentemente das súas limitacións.

En VINCUSYS contamos cun equipo especializado en deseño e usabilidade web que pode crear dende cero a páxina web do teu negocio ou darlle unha nova aparencia á actual. Só tes que contactar connosco e axudarémosche a construír un sitio que cumpra coas tendencias actuais para atraer clientes á túa empresa.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles