Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

A nova web de Value Consultancy reflicte a súa dilatada experiencia no sector

by | Set 30, 2022 | Blog VINCUSYS, Deseño web, Márketing | 0 comments

Un dos principais elementos que temos en conta á hora de afrontar o deseño web é estudar e plasmar a identidade dos nosos clientes no resultado final.

Value Consultancy é unha empresa liderada por Carmen Méndez Oliva, unha enxeñeira da Edificación que conta cunha dilatada traxectoria de máis de 25 anos de experiencia no sector.

En VINCUSYS, a túa axencia de márketing, comunicación e tecnoloxía de Santiago de Compostela, encargámonos de construír o sitio web desta consultoría.

Á hora de afrontar este traballo, decidimos que este portal debía reflectir e ofrecer un fiel retrato da importante experiencia e os servizos que ofrece esta empresa.

Value Consultancy está centrada na consultoría e asesoramento técnico e económico na execución de proxectos de edificación co fin de achegar valor aos investimentos dos seus clientes, identificar o impacto e riscos asociados a cada paso e así adoptar as mellores decisións posibles.

Todos os seus proxectos contan con especialistas para cada área e profesionais senior de alta cualificación, para así garantir a consecución dos mellores resultados posibles.

Por iso, os diferentes apartados e seccións que estruturan o sitio web están encamiñados a detallar tanto a importante experiencia destes profesionais como os seus diferentes servizos en áreas de traballo como centros comerciais, sector retail, oficinas, loxístico e industrial, hoteis ou residencias.

Os nosos deseñadores adaptaron cada un destes apartados ao estilo cromático da identidade corporativa da empresa e do seu logotipo, en tons marróns, grises e negros.

La nueva web de Value Consultancy refleja su dilatada experiencia en el sector

Ademais da páxina principal, a sección Quen Somos centra a atención especificamente no perfil profesional da súa CEO, Carmen Méndez Oliva, e permite penetrarse nos valores que definen a identidade da marca e a acción da compañía.

Nos apartado Servizos, incluímos máis información sobre as posibilidades que ofrece a consultora, como a xestión integrada de custos, xestión financeira de xestión ou de project management.

A destacada traxectoria de Carmen Méndez tamén queda acreditada na sección Os nosos Traballos, onde o visitante do sitio web poderá coñecer algúns dos seus principais proxectos en cada un dos sectores nos que traballa Value Consultancy.

A web péchase cos apartados dedicados a responsabilidade social corporativa (RSC) e contacto.

Desde VINCUSYS garantimos que cada proxecto reflicta de forma fiel a identidade e os valores dos nosos clientes. Por iso, ofrecemos a experiencia dos nosos profesionais para realizar un deseño web á medida das súas necesidades.

Se necesitas renovar a túa identidade corporativa, a túa páxina web ou unha eficaz xestión de comunicación, relacións cos medios e redes sociais, contacta connosco e pídenos un orzamento.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *