No mundo do deseño gráfico, existen principios que perduraron ao longo do tempo e que seguen sendo relevantes hoxe en día. Un deles é a proporción áurea, unha ferramenta que pode mellorar a harmonía visual. Por iso, neste artigo explicámosche que é, como funciona e por que é tan importante no deseño gráfico.
A proporción áurea, tamén coñecido como a divina proporción ou o número áureo, é unha relación matemática que se manifesta na natureza, a arte e a arquitectura, e foi empregada dende a antigüidade para crear composicións equilibradas e visualmente atractivas. Esta relación aproxímase ao valor numérico de 1.618.
Está ligada á Sucesión de Fibonacci, unha secuencia infinita de números na que a suma de dous sucesivos da como resultado ao seguinte da lista: 0, 1, 1, 2, 3, 5, 8, 13, 21, 34, 55…
Se utilizas esta sucesión para crear un rectángulo e o divides en cuadriláteros máis pequenos usando a secuencia á inversa, conseguirás un patrón con forma de espiral que corresponde á proporción áurea.
A proporción áurea ao longo da historia
O número áureo non é un concepto moderno, nin moito menos. As súas orixes remóntanse a miles de anos atrás e a súa influencia atravesou múltiples civilizacións e culturas.
Crese que os primeiros en documentar acerca da súa existencia foron os gregos e que aplicaron a fórmula nas súas esculturas e arquitectura. Matemáticos famosos desta época, como Pitágoras ou Euclides, estudaron, popularizaron e impulsaron o seu uso noutras disciplinas. De feito, unha teoría afirma que o Partenón de Atenas foi construído con esta relación.
Durante o Renacemento experimentou un rexurdir, algo que non é de estrañar ao ser este un período caracterizado polo redescubrimento e a reverencia cara as ideas clásicas da antiga Grecia e Roma. Moitos destes artistas consideraban que a proporción áurea era unha ferramenta clave para conseguir a perfección estética e o equilibrio, polo que recibiu o nome de ‘divina proporción’. Leonardo da Vinci foi o seu gran defensor e moitas das súas obras inclúena, como ‘O Home de Vitruvio’.
No Romanticismo tamén influíu en artistas como William Blakee Caspar David Friedrich. Co paso do tempo e a evolución da arte moderna, pintores como Salvador Dalí ou arquitectos como Le Corbusier exploraron o seu efecto nas súas propias obras.
Ademais de na arte, a proporción áurea aparece na natureza, nas cunchas dos moluscos, as ramas das árbores ou nos pétalos dunha flor.
A razón que está detrás do seu atractivo visual céntrase en que o ollo humano tende a recibir este tipo de proporcións como equilibradas e naturais, ao estar presentas na vida cotiá. Por iso, na actualidade xoga un papel crucial no momento de crear pezas correntes e esteticamente agradables á vista.
A proporción áurea no deseño gráfico
Á hora de deseñar, sexa un logotipo, unha páxina web ou unha creatividade para redes sociais, un dos maiores desafíos é conseguir un bo equilibrio visual. Este non só fai referencia á simetría dos elementos da composición, tamén á harmonía entre eles. Aquí é onde entra en xogo a proporción áurea.
Ao aplicala, podes conseguir que todos os compoñentes se aliñen de maneira harmónica. É como unha guía que axuda a colocar todo no seu sitio e a distribuír de forma que sexa pracenteiro para o ollo humano.
A proporción utilizouse para deseñar algúns dos logotipos máis icónicos de marcas recoñecidas a nivel mundial. Marcas como Pepsi, Apple ou o antigo Twitter empregárona.
A explicación é que o cerebro humano recoñece este patrón como agradable. Por iso, un logo baseado nesta relación pode quedar gravado na mente do consumidor con maior facilidade.
Outro ámbito do deseño no que axuda é na elección da tipografía, concretamente na súa escala. Se xerarquizas o tamaño de títulos, subtítulos e corpo empregando os números da secuencia de Fibonacci na orde, conseguirás un produto coherente e fácil de distinguir.
A proporción áurea non é simplemente un truco matemático, é unha ferramenta que pode axudar a crear deseños máis equilibrados, harmoniosos e atractivos. Entender como aproveitar todo o seu potencial é complicado, pero o resultado destacará e garantirá que as túas mensaxes cheguen de forma clara á túa audiencia. En VINCUSYS podemos axudarte nesta tarefa. Só tes que contactar connosco.
0 Comments