Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Remataremos usando o Big Data para solucionar grandes problemas?

Se temos unha pregunta, hoxe en día normalmente recorremos aos buscadores de Internet. Por exemplo, se queremos saber se facer deporte aumenta ou non o apetito, podemos recorrer a Google.

A priori, non sabemos se existe unha relación directa entre ambas e seguramente poidamos atopar multitude de opinións dispares segundo a quen lle preguntes.

A forma en que facemos unha busca en Google afecta directamente aos resultados que obtemos, é dicir, en Google tamén importa como preguntamos. Buscar “o deporte aumenta o apetito” aumenta os resultados sobre os textos que inclúen esas palabras igual que se buscas “o deporte diminúe o apetito” van aparecer textos que relacionen o deporte e a necesidade de comer menos.

Con isto vemos que os motores de busca non son obxectivos. Son ferramentas creadas para o uso humano e onde se ve que as persoas sempre están influenciadas por diferentes crenzas, experiencias e prexuízos.

Neste caso, buscar “a relación do deporte e o apetito” sería unha forma de obter os resultados máis correctos. Polo menos, os que realmente teñen máis apoio científico.

Imos ver como a Intelixencia Artificial (IA) e a aprendizaxe automática deron aos cidadáns unha capacidade desproporcionada para influír nas mentes das persoas a gran escala.

Un espectro de oportunidade

A medida que as persoas e as organizacións comezan a experimentar coas tecnoloxías emerxentes, existe un espectro completo onde se poden aplicar.

Neste espectro podemos ver o exemplo das eleccións de 2016 en Estados Unidos. A análise de conxuntos de datos masivos permitiu que o equipo de Trump creara anuncios dirixidos a Facebook, o que reforzou as crenzas culturais e políticas dos votantes. Trump empregou perfís psicográficos para motivar aos votantes.

No outro lado, atopamos exemplos de organizacións que traballan para enfrontarse aos desafíos da educación, saúde, dereitos humanos, pobreza e medio ambiente.

Na maioría dos casos, estas tecnoloxías emerxentes aplícanse xusto no medio. As empresas están aprendendo a empregar os datos e a aprendizaxe automática para obter ganancias capitalistas.

Iso non ten por que ser algo malo. A maioría das empresas están incentivadas a gañar tanto diñeiro como sexa posible para atender aos seus empregados e partes interesadas.

Como reaccionamos ao Big Data?

A medida que a tecnoloxía avanza, hai unha crecente reacción en contra do Big Data e aprendizaxe automática. Algunhas persoas pensan que IA será a ruína da humanidade. Outros temen que substituirá os seus traballos.

Porén, podemos ver diferenzas importantes entre as persoas e as máquinas.

Os ordenadores destacan no procesamento, almacenamento e explicación de datos e información.

As persoas teñen a capacidade única de desenvolver ideas, revisar datos, determinar os próximos pasos e pensar de forma creativa.

Os ordenadores non poden ter ideas creativas e do mesmo xeito as persoas sempre van ter problemas para almacenar unha cantidade determinada de datos.

A IA non pode mudar a mente das persoas, pero pode identificar e explotar os nosos prexuízos. Todo o que compartimos en redes sociais crea un perfil de quen somos.

Como podemos ser máis intelixentes sobre a aprendizaxe automática?

Temos que consumir información con ollo crítico

A maioría das persoas non deixarán de empregar Facebook, Google ou as plataformas sociais, polo tanto, procede cun pouco de desconfianza. Hai que lembrar que Internet nunca pode ser obxectivo. Chega ás túas propias conclusións.

Precisas obter información de xornalistas profesionais

Busca medios cribles para recibir noticias sobre eventos locais, nacionais e mundiais.

Realiza preguntas abertas

Intenta empregar Internet da forma máis obxectiva posible. Usa palabras neutras e preguntas abertas.

Educa aos nenos sobre a busca en Internet

Os nenos de todas as idades precisan comprender como poden facer buscas abertas, como examinar as fontes de información e pensar de xeito máis crítico sobre o que ven de Internet.

Pensa máis aló do beneficio

Talvez tes un negocio que está tratando de integrar a aprendizaxe automática e de desfrutar dos beneficios do Big Data na empresa. Ou ben, traballas activamente con Intelixencia Artificial. En calquera caso, tes a oportunidade de facer que as novas tecnoloxías sexan máis éticas, equitativas e produtivas.

Aprende o que poidas e observa o que sucede en política, negocios e na túa propia esfera de influencia.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles